A INICIATIVA ESTÁ ORGANIZADA POLA FUNDACIÓN NOVONEYRA

A Concelleira de Cultura recibe á primeira residencia literaria itinerante para actualizar a temática xacobea

Cinco poetas de distintas nacionalidades comezaron este martes a ruta no Cebreiro para continuar até Compostela

A Concelleira de Cultura recibe á primeira residencia literaria itinerante para actualizar a temática xacobea

Lugo, 24 de outubro de 2019. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu a cinco poetas, procedentes de distintos países, que están a desenvolver a primeira residencia literaria itinerante Uxío Novoneyra para actualizar a temática xacobea. Talatá Rodríguez dende Bos Aires; Fátima Delgado dende Madrid: Luiza Fernandez, brasileira e Diego Horschovski, arxentino dende Compostela e Demián Rabilero,  dende Cuba, deixaron os seus lugares para facer a pé os 154 quilómetros a Compostela dende O Cebreiro.

A Fundación Novoneyra estabeleceu como un dos obxectivos desta iniciativa actualizar a temática xacobea. Durante a viaxe, os poetas escribirán sobre os seus pasos e compartirán as súas creacións en centros educativos do Camiño.

A Concelleira de Cultura recibe á primeira residencia literaria itinerante para actualizar a temática xacobea