O BNG REACTVA A PLATAFORMA LUGO QUERE TREN ANTE O "DESASTRE NA EXECUCIÓN DA MELLORA DOS SERVIZOS FERROVIARIOS DE LUGO"

Arroxo: "Para ir de Lugo a León en tren, primeiro hai que pasar por Madrid facendo máis de 800Km nunha viaxe de 200"

O BNG reactva a plataforma Lugo Quere Tren ante o "desastre na execución da mellora dos servizos ferroviarios de Lugo"

Rubén Arroxo afirmou que "non só seguimos con menos servizos que antes da pandemia, onte Renfe deixou de ofertar a posibilidade de ir desde Lugo a Barcelona en tren"

Arroxo: "Para ir de Lugo a León en tren, primeiro hai que pasar por Madrid facendo máis de 800Km nunha viaxe de 200"

 

Lugo, 12 de marzo de 2024. O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG retomará as actividades da plataforma Lugo Quere Tren ante o "desastre na execución das melloras dos servizos ferroviarios de Lugo". Arroxo afirmou que as melloras nas infraestruturas estanse executando "grazas aos distintos acordos de investidura que conseguiu o BNG en Madrid, mais agora estamos vendo como a mellora nos viais non se está a acompañar con melloras nos servizos".


O BNG critica que Lugo continúe con menos servizos que antes do inicio da pandemia, cando se eliminaron servizos como o tren nocturno de Lugo a Barcelona. Na xornada de hoxe, RENFE deixou de vender billetes para a conexión diurna entre Lugo e Barcelona, dado que a conexión necesaria en Monforte sae ás 9:52 da mañá, pero o tren de Lugo a Monforte chega ás 9:54.
A viaxe entre Lugo e León, uns 200 km de vía, eliminouse, facendo que a propia web de RENFE propoña facer transbordo en Madrid, converténdoa nunha viaxe de 800Km, e eliminando as conexións con Catalunya e Euskadi.

No tocante ás conexións dentro de Galiza, Lugo é a única cidade que non ten conexión directa por tren coa capital do país, un agravio que se resolvería cunha obra de 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes creando unha traxecto directo desde Lugo a Compostela.  

Para o BNG, Galiza sofre unha evidente e histórica discriminación en canto a investimentos, tanto por parte dos gobernos do PP como do PSOE en materia ferroviaria, o que se traduce nun déficit en infraestruturas, equipamentos e servizos. Arroxo afirmou que a chegada do AVE a Galiza, con case 30 anos de atraso sobre a data anunciada nun primeiro momento polo goberno do Estado, "só supuxo que agora sexa máis rápido ir en tren de Lugo a Madrid que de Lugo a Compostela".

Arroxo: "Para ir de Lugo a León en tren, primeiro hai que pasar por Madrid facendo máis de 800Km nunha viaxe de 200"