MAITE FERREIRO: "O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ AS REPRESENTACIÓNS DAS E DOS ALUMNOS DO CONSERVATORIO DE DANZA"

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro anuncian a colaboración da área de Cultura co conservatorio de danza de Lugo na difusión das actividades

Maite Ferreiro: "O Auditorio Municipal acollerá as representacións das e dos alumnos do conservatorio de danza"

As distintas representacións terán lugar o 19 e o 20 de marzo, e as entradas deberán retirarse a través do portal entradaslugo.es

 

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro anuncian a colaboración da área de Cultura co conservatorio de danza de Lugo na difusión das actividades

 

Lugo, 11 de marzo de 2024. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron xunto co Conservatorio Profesional de Danza de Lugo as actividades coas que o  Conservatorio amosará o seu traballo no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Maite Ferreiro explicou que "as distintas agrupacións do Conservatorio de Danza de Lugo actuarán no Auditorio Municipal Gustavo Freire, dando continuidade á programación de danza que programamos anualmente a través do ciclo Lugo en Danza", explicou Maite Ferreiro, que engadiu "Estas galas e outros eventos públicos abertos á cidadania, que mostran a danza e as artes do movemento en diferentes formas teñen un enorme interese cultural e educativo para a cidade, fomentando deste xeito a difusión do coñecemento das artes do movemento".


O día 19 estrearase a "Xota da Romaría" do Ballet Galego Rey de Viana, que se repuxo en xuño do 2023, coincidindo coa conmemoración do centenario do nacemento do seu creador. Con esta posta en escena, desde o CDAN renden unha pequena homenaxe á figura de José Manuel Rey de Viana, poñendo en valor a súa relevancia no eido da danza na Galiza. O día 20, haberá unha mostra de danza clásica a cargo das e dos estudantes do conservatorio. Toda a veciñanza de Lugo poderá asistir a estas galas protagonizadas por alumnas e alumnos do CDAN de Lugo de xeito gratuíto, retirando a entrada previamente no portal entradaslugo.es.

"Desde a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua cremos que a danza ten unha importancia e relevancia maiuscula, e son, de feito, múltiples as programacións e propostas arredor da danza que organizamos ou coas que colaboramos cada ano", explicou Maite Ferreiro. A concelleira de Cultura destacou o interese cultural das actividades que poñen o foco na danza e consiguen implicar á veciñanza e conseguir a participación da mesma.

"Hai que ter presente e por en valor o feito de que en Lugo está o único Conservatorio Profesional de Danza da Galiza, polo que parece axeitado seguir apostando por darlle visibilidade a un centro e ensinanzas que axudan a conseguir habilidades e capacidades artísticas e a dar a coñecer diferentes vertentes desta arte" destacou Maite Ferreiro.

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro anuncian a colaboración da área de Cultura co conservatorio de danza de Lugo na difusión das actividades