O BNG CELEBROU UN ENCONTRO ABERTO SOBRE MULLERES NO EIDO LABORAL NO QUE SE RECOÑECEU O TRABALLO DAS TRABALLADORAS DO SECTOR DA LIMPEZA QUE PASARON 130 DÍAS EN FOLGA POR UN CONVENIO DIGNO

Olalla Rodil: "As traballadoras da limpeza son un exemplo de loita polos dereitos das mulleres"

O BNG celebrou un encontro aberto sobre mulleres no eido laboral no que se recoñeceu o traballo das traballadoras do sector da limpeza que pasaron 130 días en folga por un convenio digno

Rodil reivindicou o feminismo fronte a todos os discursos "da dereita e da extrema dereita que nos queren levar atrás"

Olalla Rodil: "As traballadoras da limpeza son un exemplo de loita polos dereitos das mulleres"



Lugo, 09 de marzo de 2024. O BNG celebrou un encontro aberto sobre mulleres no eido laboral que contou coa participación das deputadas electas, Olalla Rodil e Montse Valcárcel, e da concelleira en Lugo Maite Ferreiro. No encontro, Rodil destacou a loita das traballadoras da limpeza, "un exemplo de loita polos dereitos das mulleres".

As traballadoras da limpeza comezaron o 16 de outubro de 2023 unha folga que durou 130 días para reclamar a sinatura dun convenio colectivo digno que garantise como mínimo superar o SMI e manter o poder adquisitivo en base a unha cláusula de revisión salarial. O acordo refrendado polas traballadoras este 22 de febreiro supón a maior suba salarial no convenio provincial da limpeza e, incluso a nivel estatal. Os incrementos pactados no novo convenio son os máis altos dos convenios asinados neste sector en datas recentes. As subas acordadas tamén se aplicarán ao plus de traballo en domingos e festivos, e as traballadoras contan cunha cláusula que garantizan cobrar, como mínimo, o SMI vixente en cada momento, e unha cláusula para aplicar de maneira automática unha suba do 2% se no primeiro trimestre de 2027 non se constituíu a comisión negociadora.

Olalla Rodil reivindicou a necesidade do feminismo fronte a todos os discursos "da dereita e da extrema dereita que nos queren levar atrás". "É hora de avanzar como sociedade con maior ambición na igualdade e nos dereitos das mulleres, poñendo o foco nesta ocasión na desigualdade que persiste no ámbito laboral" afirmou Olalla Rodil, que engadiu "non é suficiente con frear os retrocesos que intenta impoñer a dereita, é tempo de avanzar sen escusas, sen discriminacións, sen escatimar orzamentos e sen deixar ningunha atrás".

Dende o Bloque chamaron a defender e avanzar con firmeza nos dereitos conquistados en materia feminista fronte aos crecentes discursos que negan a violencia machista, o cuestionamiento dos dereitos sexuais e reprodutivos, a vixencia da discriminación laboral e da fenda salarial e a normalización de que os coidados sigan recaendo nas mulleres.

Olalla Rodil: "As traballadoras da limpeza son un exemplo de loita polos dereitos das mulleres"