Arroxo participa, co resto da corporación, nas actividades do día do Orgullo LGBT

O Tenente Alcalde visitou a Praza de Abastos coa edil de Participación, onde se está a agasallar material promocional con temática LGBT

Realizarase tamén unha acción simbólica no cemiterio para lembrar a todas as persoas que en vida tiveron que ocultar a súa orientación sexual

Arroxo participa, co resto da corporación, nas actividades do día do Orgullo LGBT

Lugo, 28 de xuño de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, participou hoxe nas actividades realizadas polo Goberno de Lugo polo día do Orgullo LGBT. Desde a área de Participación organizáronse unha serie de actividades nos Mercados e no Cemiterio Municipal para reivindicar o dereito de todas as persoas a vivir en liberdade.

 

Arroxo visitou a Praza de Abastos xunto con Cristina López, concelleira de Participación. Os distintos postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal agasallaron material promocional con temática LGBT a todas as persoas que se achegaron a realizar as súas compras en ambas instalación municipais.

 

No Cemiterio Municipal realizouse unha acción como homenaxe a todas as persoas LGBT que repousan alí, e que en vida tiveron que ocultar a súa orientación sexual. A edil de Participación, Cristina López, afirmou que “esta acción é unha chamada ao conxunto da sociedade para avanzar na eliminación de todo tipo de discriminacións e violencia, especialmente contra a diversidade afectivo sexual", e lembrou que "malia que se faga especial fincapé en datas sinaladas, como o orgullo LGBT, debemos traballar nisto durante todos os días do ano".

Arroxo participa, co resto da corporación, nas actividades do día do Orgullo LGBT