O BNG recolle sinaturas para solicitar unha nova regulación da tarifa eléctrica

Arroxo: “as veciñas e veciños da Galiza estamos a pagar a luz máis cara, sendo productores de enerxía para o resto do estado”

 

O BNG colocará a carpa informativa en distintas zonas da cidade durante as vindeiras semanas

O BNG recolle sinaturas para solicitar unha nova regulación da tarifa eléctrica

Lugo, 28 de xuño de 2021. O BNG vén de iniciar en Lugo unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar ao goberno do estado unha nova regulación da tarifa eléctrica. O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, afirmou que “a nova tarifa imposta polo goberno do Estado está a facer que a maioría dos e das consumidoras teñamos un aumento nos custes, e condiciónase un posible aforro na factura a un cambio importante nos hábitos de vida”.

O BNG defende a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega, ademais dun IVE super-reducido do 4% en lugar do 21% que se aplica agora ao consumo de electricidade, así como a supresión do imposto especial de electricidade. Arroxo explicou que “a luz é un servizo básico, non un artigo de luxo, ademais, as galegas e galegos estamos a pagar a luz máis cara do estado, sendo produtores de enerxía que se consume fóra de Galiza”.

O BNG continuará a colocar a carpa os vindeiros días en distintas zonas da cidade:

Mércores 30 ás 18 horas, praza Horta do Seminario

Luns 5 ás 18 horas, rúa Menorca

Mércores 7 ás 18 horas, rúa Nova

O BNG recolle sinaturas para solicitar unha nova regulación da tarifa eléctrica