PARA O BNG “É NECESARIO POÑER OS MEDIOS PARA PROMOVER QUE AS PERSOAS QUE SE DESPRAZAN ATA LUGO PARA PARTICIPAR NO CORRE CON NÓS POIDAN PASAR A XORNADA NA CIDADE”

Arroxo pedirá que se continúen abrindo vestiarios e duchas para as convocatorias do Corre con Nós

Na proba celebrada o pasado sábado foron moitas das persoas que participaron e tiveron que marchar de Lugo por non ter lugar axeitado para ducharse e cambiarse

Arroxo pedirá que se continúen abrindo vestiarios e duchas para as convocatorias do Corre con Nós

Lugo, 23 de xaneiro 2018. O BNG-AA presentará un rogo para que se manteña “como se viña facendo ata agora” a apertura dalgunha instalación deportiva para que as participantes nas probas do Corre con Nós poidan cambiarse e ducharse. Na proba celebrada o pasado sábado, 20 de xaneiro, foron moitas as persoas que participaron e tiveron que marchar de Lugo por non ter lugar axeitado para ducharse e cambiarse. Rubén Arroxo lembrou que “en todas as carreiras do Corre con Nós e en todas probas as probas que se celebran nas distintas vilas e cidades sempre se pon algunha instalación deportiva á disposición das persoas participantes e non entendemos que pasou en Lugo o pasado sábado para que esto non fose así”.

Para o BNG “é necesario poñer os medios para promover que as persoas que se desprazan ata Lugo para participar no Corre con Nós poidan pasar a xornada na cidade”. Unha grande porcentaxe de participantes no Corre con Nós chegan a Lugo dende diferentes puntos e “hai que facilitar as cousas para que poidan quedar a comer, cear e achegarse á hostalería lucense nos días en que hai competición”. Arroxo explicou que “se non hai instalacións para poder ducharse e cambiarse a xente retorna ao seu punto de orixe inmediatamente despois da proba cun mal sabor de boca e cunha pésima imaxe sobre a organización e a cidade”.

Arroxo pedirá que se continúen abrindo vestiarios e duchas para as convocatorias do Corre con Nós