O VOCEIRO MUNICIPAL DO BNG-AA, RUBÉN ARROXO, SINALOU QUE HAI VECIÑAS E VECIÑOS QUE LEVAN MÁIS DUN ANO AGARDANDO POR ESTA XESTIÓN ADMINISTRATIVA

Arroxo pregúntalle ao goberno municipal por que non se tramitan as solicitudes das pasaxes de saída de vehículos

IMG_20161207_113003

“É paradigmático o acaso do aparcadoiro dos Conservatorios e da Escola de Idiomas que aínda ten sen resolver a saída do aparcadoiro” dixo Arroxo

Arroxo pregúntalle ao goberno municipal por que non se tramitan as solicitudes das pasaxes de saída de vehículos

Lugo, 7 de decembro 2016. O voceiro do BNG-AA avanzou hoxe que presentará unha serie de preguntas en comisión para aclarar cal é a causa do retraso na concesión de pasaxes para a saída de vehículos. Rubén Arroxo indicou que “foron varias as persoas que se dirixiron ao BNG-AA ante a imposibilidade de que o goberno municipal lles de unha resposta satisfactoria polo retraso na xestión administrativa das súas solicitudes de pasaxe para as saídas de garaxes e aparcadoiros” .

“o goberno municipal terá que dar explicacións e, sobre todo, poñer remedio a esta situación”

Rubén Arroxo sinalou que o tempo normal “debería ser de dous ou tres meses” está prolongándose a máis de un ano en moitos casos. Arroxo dixo que “a unidade que tramita estes expedentes recoñece o retraso” e “o goberno municipal terá que dar explicacións e, sobre todo, poñer remedio a esta situación”. Arroxo comentou o caso de veciños que ven como quedan cos seus vehículos atrapados no garaxe e non teñen “ferramentas legais” para poder esixir que a saída quede libre e indicou que “este é un problema cando se trata de saír para levar ás fillas e fillos á escola ou a unha persoa maior ao centro de día nos horarios de mañá”.

“É paradigmático o acaso do aparcadoiro dos Conservatorios e da Escola de Idiomas que aínda ten sen resolver a saída do aparcadoiro” dixo Arroxo. Recentemente deuse a coñecer este problema a través de medios comunicación e os grupos políticos recibimos un escrito asinado polas direccións destes centros educativos que “igual que moitas veciñas e veciños tampouco son capaces de obter unha solución por parte do goberno a pesar de que os trámites foron cumprimentados polos medios regulamentados”.

Arroxo pregúntalle ao goberno municipal por que non se tramitan as solicitudes das pasaxes de saída de vehículos