NO MOMENTO EN QUE SE DEA SOLUCIÓN A ESTABILIDADE ESTRUTURAL DO EDIFICIO E Á EXCABACIÓN DOS FORNOS DA TINERÍA QUEDARÍA ABERTO O PASO ENTRE A PORTA DE SANTIAGO E A RÚA MONTEVIDEO

Arroxo preguntará pola situación da casa da rúa Falcón que mantén pechada a ronda interior preto da Catedral

ruafalcon

Para o BNG “este é un exemplo de que con vontade política e traballo concreto podería mellorarse considerablemente a imaxe da cidade e a calidade de vida”

Arroxo preguntará pola situación da casa da rúa Falcón que mantén pechada a ronda interior preto da Catedral

Lugo, 12 de xaneiro 2018. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, trasladará unha serie de preguntas á comisión de Desenvolvemento Sostible para aclarar cal é o estado da casa da rúa Falcón que mantén pechado o paso da ronda interior entre a porta de Santiago e a porta Miñá. Dende fai moito tempo o edificio está apuntalado e un balado de obra impide o paso pola ronda interior. Arroxo preguntará cales son as xestións feitas dende o goberno “para tratar desbloquear este atranco urbanístico que existe na que podería e debería ser unha das zonas de maior atractivo turístico da cidade”.

Rubén Arroxo explicou que “no momento en que se dea solución á estabilidade estrutural do edificio e á excabación dos fornos da Tinería quedaría aberto o paso entre a Porta de Santiago e a rúa Montevideo”. Arroxo preguntará se este edificio xa ten, por parte do concello, a declaración de ruína e cales son as xestións que está a facer o goberno municipal coa propiedade da casa para dar solución a este atranco que mantén pechada ao transito a rúa Falcón.

Para o BNG “este é un exemplo de que con vontade política e traballo concreto podería mellorarse considerablemente a imaxe da cidade e a calidade de vida en Lugo”. Arroxo sinalou que “no BNG temos un proxecto para a cidade e entedemos que este tipo de cousas teñen que xestionarse dende o goberno para Lugo funcione” e engadiu “o problema deste goberno é que non atende os grandes problemas da cidade pero tampouco atenden as pequenas cousas”.

Arroxo preguntará pola situación da casa da rúa Falcón que mantén pechada a ronda interior preto da Catedral