A CABINA PODERÍA SITUARSE NALGUNHA DAS ZONAS PEONÍS DO ENTORNO ONDE NON DIFICULTE O PASO DE PERSOAS NIN SUPOÑA UN PERIGO PARA O TRÁFICO

O BNG-AA propón reubicar a cabina telefónica que ocupa a beirarrúa no enlace da rúa Vilalba con Ramón Ferreiro

cabina

“Este elemento está situado nun lugar de paso dos máis concorridos da cidade e ademais dificulta a visión de automobilistas que circulan pola rúa Vilalba” explicou Arroxo

O BNG-AA propón reubicar a cabina telefónica que ocupa a beirarrúa no enlace da rúa Vilalba con Ramón Ferreiro

Lugo, 13 de xaneiro 2018. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, solicitará que o concello faga as negociacións necesarias coa compañía telefónica correspondente para cambiar a ubicación da cabina situada no enlace da rúa Vilalba con Ramón Ferreiro. Arroxo explicou que “este elemento está situado nun lugar de paso dos máis concorridos da cidade e ademais dificulta a visión de automobilistas que circulan pola rúa Vilalba”. Para o BNG “tratase dunha sinxela xestión que pode mellorar unha das zonas máis concurridas da cidade”.

A cabina podería situarse nalgunha das zonas peonís do entorno onde non dificulte o paso de persoas nin supoña un perigo para o tráfico. Arroxo lembrou que “tanto a rúa Bispo Aguirre, como a praza da Horta do Seminario, como a mediana de Ramón Ferreiro ou da av. dos Tilos son lugares nos que se podería recolocar a instalación da cabina telefónica”.

O BNG-AA propón reubicar a cabina telefónica que ocupa a beirarrúa no enlace da rúa Vilalba con Ramón Ferreiro