A asemblea comarcal do BNG de Lugo avanza no traballo previo á Asemblea Nacional do 7 de novembro
O BNG fixa novos retos nesta Asemblea Nacional para acadar a Presidencia da Xunta en 2024
A fronte realizou o debate previo das teses do BNG, que se completará o vindeiro día 7 na Coruña
Lugo, 22 de outubro 2021. O BNG de Lugo vén de celebrar a súa asemblea de debate de textos previa á asemblea nacional do vindeiro 7 de novembro. O BNG márcase dous obxectivos principais para esta Asemblea Nacional, sumar máis xente ao proxecto para afianzar ao BNG como proposta alternativa para Galiza e conseguir en 2024 a presidencia da Xunta de Galiza.
O BNG iniciou en Lugo o proceso asembleario para debater as teses do futuro BNG, un proceso onde a militancia é quen decide a liña e a dirección da organización, demostrando a cultura democrática e participativa do BNG.
Desde o BNG analízase o momento actual como transcendental para o futuro de Galiza, e ponse en marcha neste proceso para acadar un novo rumbo seguindo na liña de traballo realizada durante os últimos anos, coa recuperación dunha voz galega no Congreso do Estado da man de Néstor Rego, a consolidación do BNG como primeira forza da oposición no Parlamento Galego ao obter 19 deputadas ou co aumento de presenza do nacionalismo nos distintos concellos de Galiza