Cristina López visita a praza de Abastos de Valencia xunto coa súa xerente, Cristina Oliete
A edil de Participación explicou que “continuamos a recoller experiencias de outras cidades para mellorar as instalacións de Lugo”
A área de Participación continuará a traballar para “poñer en valor a Praza e o Mercado”
Lugo, 23 de outubro de 2021. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, xunto coa xefa de servizo de Participación, Amparo Rubinos, visitaron a Praza de Abastos de Valencia xunto coa súa xerente, Cristina Oliete. A edil de Participación afirmou que “continuamos a recoller experiencias de outras cidades para mellorar as instalacións de Lugo”,
“A Praza de Abastos e o Mercado Municipal de Lugo son dúas instalacións históricas da cidade e desde a nosa chegada ao goberno traballamos co obxectivo de poñelas en valor”, explicou Cristina López.
A edil de Participación afirmou que "durante estes anos realizamos un importante traballo para adxudicar os postos baleiros da Praza e do Mercado, contando con novas propostas nun emprazamento histórico da cidade". Ademais, Cristina López afirmou que "continuaremos a realizar campañas e promocións para achegar á veciñanza os produtos de calidade e a atención persoal das e dos distintos profesionais de cada posto".