A asemblea do BNG en Palas de Rei elixe a Lois Varela como candidato á alcaldía
Foi elixido por unanimidade nun proceso democrático e participativo
Lois Varela “Imos a por todas para que Palas teña un proxecto serio e rigoroso e que saque o mellor de nós para que avancemos”
Palas de Rei, 09 de marzo de 2023. O Bloque Nacionalista Galego en Palas de Rei decidiu a través da súa asemblea local quen será o candidato á alcaldía nas eleccións municipais deste ano.
A persoa designada, por unanimidade pola asemblea local, é Xosé Lois Varela Carreira, gandeiro de ecolóxico de Carteire.
“Estou moi agradecido polas compañeiras e compañeiros que viran en min a oportunidade de encabezar o proxecto do BNG, acepto este reto con todo o entusiasmo para traballar e recuperar a nosa presenza no Concello e liderar o cambio” dixo Lois Varela
A candidato do BNG á alcaldía de Palas de Rei destacou que o BNG vai saír a por todas para liderar un proxecto que mellore e avance Palas de Rei “estamos preparados e preparadas, temos un proxecto centrado e coa confianza plena nas capacidades de Palas, podemos construír entre todas e todos un proxecto que ilusione, que faga a vida máis doada cos mellores servizos públicos e unha aposta real nos sectores produtivos, como a actividade agro gandeira ou o comercio local”