MAITE FERREIRO: "XUNTO COA PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO, O AUDITORIO UTILIZOUSE MÁIS DE 30 DÍAS PARA ACOLLER ESPECTÁCULOS POR PARTE DE PROMOTORES PRIVADOS"

O Auditorio Municipal acolleu 110 actividades no primeiro semestre de 2023

IMG_0008 (1)

O auditorio municipal é un dos principais puntos da programación cultural da cidade, acollendo ciclos como Lugo en Danza, o festival de teatro universitario ou a mostra de teatro clásico con espectáculos gañadores de diversos premios

O Auditorio Municipal acolleu 110 actividades no primeiro semestre de 2023

 

Lugo, 22 de agosto de 2023. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, fixo balance das distintas actividades que acolleu o Auditorio Municipal Gustavo Freire. Ferreiro explicou que "en total, o auditorio estivo ocupado 110 días nos primeiros 6 meses do ano", unha cifra "moi positiva que demostra que o Auditorio Municipal é un dos principais espazos culturais da cidade, tanto para os eventos organizados polo concello como para os promotores privados".

En total, o Concello de Lugo programou 78 xornadas con actividades no Auditorio, incluíndo ciclos como a programación teatral do primeiro semestre, a programación de Lugo en Danza, a Mostra de Teatro Clásico, o festival de teatro grecolatino ou a de teatro universitario, dando espazo a espectáculos gañadores dos principais premios de artes escénicas do estado, con dous premios MAX, outorgados pola SGAE aos mellores espectáculos de artes escénicas, e 5 premios Fetén, outorgados durante a Feira Europea das Artes Escénicas para Nenas e Nenos que se entregan cada ano en Xixón. Ademais, a programación conta con espectáculos recoñecidos con diversos premios, como o Luísa Villalta da Deputación da Coruña, o premio BBVA de Teatro, ou o premio Territorio Violeta, ata completar os 10 galardóns que recibiron os distintos espectáculos que conforman o semestre.

"Quixemos poñer o foco nas producións de artes escénicas de mellor calidade feitas na Galiza, que serán o fío condutor da programación ", explicou Maite Ferreiro, que engadiu "esta programación está pensada para o deleite das amantes do teatro e para facilitar un achegamento a esta arte por primeira vez, traendo a Lugo o mellor do teatro galego xunto cunha coidada selección de propostas premiadas en importantes festivais".

O ciclo Lugo en Danza forma parte do circuito de programación Circula, ao obter o apoio da Plataforma das Artes do Movemento de Galiza. Este circuito naceu co obxectivo de facilitar a mobilidade das e dos profesionais da danza, e está impulsado por asociacións profesionais de danza de Catalunya, Cantabria, Madrid, Comunidade Valenciana, Andalucía e do País Vasco.

No tocante aos promotores privados, Maite Ferreiro explicou que o Auditorio foi utilizado en 32 xornadas para distintos espectáculos, con danza, humor, teatro, concertos ou actividades infantís.

O Auditorio Municipal acolleu 110 actividades no primeiro semestre de 2023