Avanza o plan de Calmado do Tráfico cun novo paso de peóns elevado na rúa Pintor Corredoira

Esta nova fase do plan de Calmado do Tráfico inclúe actuacións na Rolda de Fingoi, Estrada da Granxa, Río Sil e Avenida de Madrid

Alexandre Penas destacou a importancia da actuación desta zona, “onde coincide a saída dun centro educativo cunha importante instalación deportiva da cidade”

Avanza o plan de Calmado do Tráfico cun novo paso de peóns elevado na rúa Pintor Corredoira

Lugo, 20 de marzo de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, e persoal municipal visitaron a rúa Pintor Corredoira, onde están a continuar os traballos do plan de calmado de tráfico da área de Mobilidade do Concello de Lugo.  Alexandre Penas destacou a importancia da actuación da rúa Pintor Corredoira, dado que se instalan elementos de calmado do tráfico “nunha zona na que coincide a saída dun centro educativo cunha importante instalación deportiva da cidade”.

Esta fase do plan de calmado de tráfico incluíu tamén a instalación de pasos de peóns elevados e lombos na Rolda de Fingoi, Estrada da Granxa, Río Sil e na Avenida de Madrid.

O concelleiro de Infraestruturas explicou que o plan de calmado de tráfico do Goberno de Lugo busca "aumentar a seguridade da veciñanza de toda a cidade, contando cun tráfico calmado e convertendo ao peón no centro da mobilidade". Alexandre Penas destacou "a importancia das actuacións de calmado de tráfico, que viñemos executando primeiro nas zonas escolares, e que agora continuamos a ampliar en novas zonas da cidade".

Avanza o plan de Calmado do Tráfico cun novo paso de peóns elevado na rúa Pintor Corredoira