Avanza a renovación do Polígono das Gándaras
Rubén Arroxo: “renovamos o asfalto dunha rúa do polígono das Gándaras que acolle unha gran cantidade de tráfico pesado”
Renovarase o asfalto da rúa A do polígono das Gándaras, cunha inversión de 73.313€
Lugo, 12 de febreiro de 2023. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que vén de comezar a renovación do asfalto dunha das principais vías de entrada do Polígono das Gándaras. “Trátase da renovación do asfalto da rúa A das Gándaras, debido ao avanzado estado de desgaste da capa de rodadura, avanzando no mantemento das zonas industriais da cidade”, explicou Rubén Arroxo.
O Goberno de Lugo executará a renovación do asfalto da rúa A do polígono das Gándaras, o acceso principal ás Gándaras desde a Rolda Norte, e que a diario acolle unha gran carga de tráfico, entre o que se atopa un importante número de vehículos pesados. O firme deste treito con asfalto en quente, ademais de instalarse nova sinalización horizontal, o que supón un investimento de 73.313€.
O Tenente Alcalde explicou que “isto súmase ás actuacións executadas recentemente, tanto na Campiña como na rúa da Industria do Ceao, que permitiron mellorar a contorna e os accesos dos lugares de traballo de moitas veciñas e veciños de Lugo”. O Goberno de Lugo actuou tamén na Rúa D, mellorando a fluidez do tráfico e aumentando a maniobrabilidade dos vehículos industriais, o que aumentou a seguridade vial na contorna