RUBÉN ARROXO DIXO QUE “O CONCELLO DEBERÍA ESIXIR A RETIRADA DO MURO POR QUE ESTÁ INVADINDO ESPAZO PÚBLICO E DIFICULTA O PASO NESTA RÚA”

A beirarrúa de Montero Ríos non cumpre coa normativa municipal

IMG_6252

A ordenanza de supresión de barreiras marca un mínimo de 1,20 metros para as beirarrúas e en Montero Ríos apenas hai un paso de 0,90 metros

A beirarrúa de Montero Ríos non cumpre coa normativa municipal

Lugo, 12 de setembro de 2018. No artigo 3º da sección segunda da Ordenanza de Supresión de Barreiras do Concello de Lugo especifícanse as medidas mínimas para o que se denomina como Banda Libre Peonil.  Rubén Arroxo sinalou que o ancho mínimo para as áreas desenvolvidas é de 1,50 metros, Os ediles do BNG comprobaron que, no caso de Montero Ríos, a anchura da beirarrúa é de apenas 0,90 metros “o que demostra que claramente se está incumprindo a normativa municipal”.

Arroxo explicou que, “na ordenanza, faise unha excepción na que o ancho mínimo é de 1,20 metros para aqueles casos nos existan elementos de sinalización e de urbanización puntuais (semáforos, caixas de correos, sinais, etc.)”. Rubén sinalou que esta barreira leva moitos anos e nunca se lle deu solución “imos presentar unha iniciativa para que o concello actúe dunha vez e se cumpra a normativa vixente”.

Rubén Arroxo explicou que ese punto é problemático dado que a beirarrúa queda moi reducida nunha rúa con moito movemento peonil. “Temos o Camiño Primitivo xusto aí, e no mesmo punto un predio valado con chapa dende hai anos, que fai de barreira urbanística e que crea unha imaxe bastante negativa a nivel estético” dixo Rubén Arroxo indicando tamén que “ese solar se atopa cheo de maleza e incluso de lixo”.

Para o BNG, Maite Ferreiro, esa zona da cidade leva tempo en abandono, e a veciñanza adoita a queixarse da falta de atención e coidado, de aí que considere que pode ser positivo iniciar un proceso de transformación máis ampla que o predio no que se centra a modificación do PEPRI. “Agora que se da un paso importante para resolver o predio onde conflúe San Roque e carril das Flores, é o momento de retirar este tapón”, asegurando que se melloraría moito tanto en imaxe como en seguridade e accesibilidade.

A beirarrúa de Montero Ríos non cumpre coa normativa municipal