O VOCEIRO DO BNG LAMENTOU A “INEFICACIA” DESTE GOBERNO MUNICIPAL QUE O MÉRCORES SOLO TEN UN ASUNTO NA ORDE DO DÍA DA XUNTA DE GOBERNO

“A Xunta de Goberno reunirase para tratar un único asunto cando centos de licencias agardan a súa aprobación” sinalou Arroxo

IMG_0219

O retraso na concesión de licenzas de obra e actividade no concello de Lugo é de máis de 2 anos cando a media debería ser de 3 meses

“A Xunta de Goberno reunirase para tratar un único asunto cando centos de licencias agardan a súa aprobación” sinalou Arroxo

Lugo, 11 de setembro de 2018. O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, desvelou que a Xunta de Goberno ten un único asunto na orde do día para tratar na Xunta de Goberno Local desta semana. Arroxo lembrou que unha das competencias das Xunta de Goberno é a aprobación das licencias de obras. “O retraso na concesión de licencias no Concello de Lugo ten unha media de dous anos e parece que o goberno non ten presa por acelerar esta cuestión” afirmou Arroxo e engadiu “a pesares de que se reforzou o servizo de licencias con persoal técnico o goberno é incapaz de avanzar na resolución das licencias pendentes”.

“A parálise que sufre o concello de Lugo afecta tamén á concesión de licenzas de obras e esto está paralizando a recuperación do casco histórico e o acceso a axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas”  explicou Arroxo que sinalou que o tempo medio estimado para obter unha licencia no concello de Lugo é de máis de 2 anos cando a recomendación xeral é de que se tramiten en menos de 3 meses.

O BNG xa pedirá a comparecencia en Pleno do responsable de urbanismo para que dera conta no retraso das licenzas. Segundo o voceiro do BNG-AA “o retraso estase produción pola demora na supervisión do concello e esto provoca a imposibilidade real de poder cumprir calquera prazo establecido para a posible recepción de axudas no caso da rehabilitación de edificios”. Existen tamén moitas persoas afectadas, polos retrasos que se dan na concesión de licenzas de obra maior, cando pretenden construír ou facer reformas nas súas vivendas.

O retraso nas licenzas provoca o risco de que se poidan cometer infraccións urbanísticas por cambios de normativa que poden xurdir durante o tempo de espera antes de obter a licencia. O retraso na situación afecta fundamentalmente a zonas como o Casco Histórico no que resulta realmente complexo iniciar calquera obra de rehabilitación. Ademais da lentitude na tramitación da licenza hai que sumar a falta de adaptación do PEPRI aos tempos actuais e o necesario cumprimento da normativa en relación á protección do patrimonio.

Outra das consecuencias é a rehabilitación de barrios da cidade nos que resulta case imposible acceder ás axudas públicas para a rehabilitación por que os tempos de obtención das licenzas fai practicamente imposible que as persoas que promoven a rehabilitación das súas casas poidan tramitalas e xustificalas en tempo e forma. O mesmo sucede na zona rural onde hai persoas que pretenden construír a súa vivenda unifamiliar e levan máis de 2 anos agardando pola licenza.

“A Xunta de Goberno reunirase para tratar un único asunto cando centos de licencias agardan a súa aprobación” sinalou Arroxo