Para o BNG-AA “a implantación da zona 30 será a medida máis eficaz para evitar os atropelos”

IMG_4649

Rubén Arroxo aplaudiu o repintado dos pasos de peóns pero lamentou “que o goberno local ignore acordos plenarios como o da implantación da zona 30 que son de fácil aplicación e de unha alta efectividade na seguridade viaria”

Para o BNG-AA “a implantación da zona 30 será a medida máis eficaz para evitar os atropelos”

Lugo, 6 de novembro 2016. O voceiro do BNG-Asembleas Abertas, Rubén Arroxo, lembrou que o goberno municipal non fixo “absolutamente nada” para avanzar da implantación de zonas 30 no casco urbano do cidade de Lugo. Arroxo aplaudiu o repintado dos pasos de peóns pero lamentou “que o goberno local ignore acordos plenarios como o da implantación da zona 30 que son de fácil aplicación e de unha alta efectividade na seguridade viaria”. Para o voceiro nacionalista “é entendible que o goberno tente colgarse medallas co pouco que fai pero tamén debería ter en conta os acordos plenarios”.

Rubén Arroxo sinalou que “o pleno de corporación aprobou por unanimidade, no mes de setembro do 2015, unha proposta para avanzar na mellora da mobilidade no concello de Lugo e para que se implantara a zona 30 en diversas zonas da cidade”. Para o BNG-AA “a implantación da zona 30 será a medida máis eficaz para evitar os atropelos” e Rubén Arroxo afirmou que “medidas como o repintado ou a colocación de sinais luminosas son necesarias e beneficiosas pero que se queremos solucionar verdadeiramente o problema hai que adoptar medidas integrais que servan para converter ás persoas nas donas da cidade”.

Para o BNG-AA “a implantación da zona 30 será a medida máis eficaz para evitar os atropelos”