Maite Ferreiro pide “responsabilidade” na investigación das violacións e “que non se repita episodios anteriores”

IMG_0844
Maite Ferreiro

A edil do BNG-AA no concello de Lugo, Maite Ferreiro, lembrou como nalgún caso anterior “un violador, fillo dun ex-policia atacou a mulleres mentres a policía o tiña supostamente controlado”

Maite Ferreiro pide “responsabilidade” na investigación das violacións e “que non se repita episodios anteriores”

Lugo, 7 de novembro 2016. A edil do BNG-AA no concello de Lugo, Maite Ferreiro, pediu “responsabilidade” nas investigación das violacións e tamén na información que se está a trasladar ás veciñas de Lugo “a policía debe facer o seu traballo con seriedade e celeridade para solventar esta situación” e, “dende o BNG agardamos que non se repitan episodios anteriores tan lamentables como os que se viviron cando outro agresor sexual atacou a mulleres mentres a policía lle facía seguimento”. Para o BNG “é necesario que as forzas da orde despreguen todas as medidas necesarias para que sexan os agresores quen queden recluídos e non se recomende ás mulleres quedar pechadas na casa”.

“non é normal que se recomende ás mulleres unha reclusión domiciliaria nocturna preventiva"

Maite Ferreiro sinalou que “non é normal que se recomende ás mulleres unha reclusión domiciliaria nocturna preventiva, mentres se están publicando datos sobre a identidade do agresor que, claramente, poderían poñer en perigo a investigación”. Para a edil do BNG-AA “entendemos que é necesarios facer recomendacións para incrementar a seguridade das mulleres, mais non compartimos que se volvan a lanzar mensaxes que culpabilizan ás posibles vítimas ou que conduzan á encerrar ás mulleres nos seus fogares, ou marcarlles horarios de entrada e saída”.

No seu momento a edil do BNG xa mantivera unha xuntanza co Subdelegado do Goberno en Lugo a raíz dos casos de violación e agresión sexual que se deron en Lugo. “Entendemos a dificultade que entrañan este tipo de casos pero imos estar vixiantes para evitar que se produzan irregularidades ou actuacións que xeneren desconfianza como xa ten ocurrido en ocasións anteriores” dixo Maite Ferreiro. A edil do BNG-AA no concello de Lugo, lembrou como nalgún caso anterior “un violador, fillo dun ex-policia atacou a mulleres mentres a policía o tiña supostamente controlado”.

Maite Ferreiro pide “responsabilidade” na investigación das violacións e “que non se repita episodios anteriores”