A CAMA ELÁSTICA DO PARQUE DO CANTIÑO XA LEVA MÁIS DUN ANOS INUTILIZADA PARA O SEU USO

O BNG-AA reclama o arranxo elementos de xogo no parque do Cantiño

IMG_0935

Rubén Arroxo sinalou que “foi un grupo de nenas e nenos dun colexo da cidade quenes nos pediron o arranxo da cama elástica do Cantiño e facemos nosa a súa demanda”

O BNG-AA reclama o arranxo elementos de xogo no parque do Cantiño
Lugo, 9 de novembro 2016. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou un rogo en comisión para que se proceda ao arranxo da cama elástica que hai no conxunto de xogos infantís do parque do Cantiño. Arroxo explicou que “elemento lúdicos está fora de uso dende fai un tempo considerable e efectivamente existe unha sinalización que advirte de que a cama elástica se atopa fora de uso”.

Arroxo explicou que “recentemente estivemos participando nunha actividade dun centro escolar da cidade e foi un grupo de nenas e nenos deste colexo quenes nos pediron o arranxo da cama elástica do Cantiño e facemos nosa a súa demanda”. Arroxo explicou que “así o trasladaremos á Comisión e entendemos que este é un xeito de contribuír a que os lucenses máis novos se impliquen no coidado da cidade e do mobiliario urbán”.

Ademais, dende o BNG – Asembleas Abertas, pediuse que se fagan as xestións precisas coa empresa que se encarga do mantemento dos xogos infantís para que nas sinalizacións se utilice o idioma galego tal e como está recollido na Ordenanza de uso do idioma da que se dotou este concello de Lugo.

O BNG-AA reclama o arranxo elementos de xogo no parque do Cantiño