LUGO CONTA CON DÚAS ZONAS DE XOGOS INFANTÍS DENTRO DO RECINTO AMURALLADO QUE RESULTAN CLARAMENTE INSUFICIENTES ADEMAIS DE ESTAR NUN DEFICIENTE ESTADO DE CONSERVACIÓN
O BNG-AA propón instalar unha zona de xogo na nova praza da traseira do Cuartel de San Fernando
Arroxo lembrou que no mes de xullo se aprobou por unanimidade unha iniciativa do BNG-AA para a instalación dun parque infantil no centro da cidade
Lugo, 10 de novembro 2016. O BNG - AA presentará unha proposta para que nunha parte da nova praza que se creará na parte traseira do edificio do Cuartel de San Fernando se instale unha zona de xogos infantís. Ademais os nacionalistas pediran que nos orzamentos do ano 2016 se inclúa a partida necesaria para acometer esta actuación. Arroxo lembrou que “no centro da cidade hai unha carencia real destas instalacións para o ocio de nenas e nenos”. Rubén Arroxo explicou que “as poucas instalacións que hai son insufiencientes e moitas veces as nenas e nenos teñen que gardar colas para subir aos xogos”.
“no centro da cidade hai unha carencia real destas instalacións para o ocio de nenas e nenos”
Para o BNG – Asembleas Abertas a instalación dunha zona de xogo infantil nesta nova praza “é totalmente asumible polo concello” xa que “trátase dunha inversión pequena que melloraría e humanizaría máis esta zona da cidade”. O voceiro do BNG-AA sinalou que “ademais a instalación de xogos para uso infantil melloraría a calidade do tempo que utilizan esta zona as nenas e nenos dos colexos existentes nas proximidades” afirmou a edil nacionalista.
Arroxo lembrou que no mes de xullo se aprobou por unanimidade unha iniciativa do BNG-AA para a instalación dun parque infantil no centro da cidade. Trátase pois de “asumindo poucos costes, convertrr esta nova praza en zona de tráfico calmado con autorización de entrada unicamente para residentes”. Lugo conta con dúas zonas de xogos infantís dentro do recinto amurallado que resultan claramente insuficientes ademais de estar nun deficiente estado de conservación. Unha delas, a do Campo Castelo, está totalmente saturada e a do Cantiño atópase nunha zona de pouco tránsito.