NA XUNTA DE VOCEIROS ARROXO DIXO QUE “NON É NORMAL QUE O GOBERNO META TODAS AS FACTURAS NO MESMO LOTE PARA INTENTAR COLAR AS QUE TEÑEN REPAROS DE LEGALIDADE”
O BNG-AA insistiu no fraccionamento en lotes das facturas pendentes e a comisión acordou estudar a proposta dos nacionalistas
“Esta situación ven provocada por que o goberno non fixo nada a respecto dos contratos caducados, malia que o BNG xa presentou dúas propostas de muicipalización do guindastre e da recollida de lixo que foron aprobada no Pleno” afirmou Arroxo
Lugo, 12 de abril 2017. O voceiro municipal do BNG – AA, Rubén Arroxo, informou que hoxe que na xunta de voceiros, que foi convocada con caracter de urxencia, trasladou ao goberno unha proposta para desatascar a situación de moitas empresas e provedores que se ven afectadas polo feito de que o Pleno non aprobou o expediente extraxudicial de crédito. Na comisión acordouse que o goberno estudiará a proposta do BNG para tratar de desatascar esta situación.
rroxo foi moi crítico coa xestión do goberno municipal e afirmou que “esta situación ven provocada por que o goberno non fixo nada a respecto dos contratos caducados, malia que o BNG xa presentou dúas propostas de muicipalización do guindastre e da recollida de lixo que foron aprobada no Pleno” afirmou Arroxo.“Trátase dunha mala xestión do goberno por que as facturas poden levarse a pleno en varios lotes e estamos seguros de que, dende a oposición, se facilitaría a aprobación, como en anteriores ocasións, do pago daquelas facturas que non teñen reparos de legalidade e que, neste caso, son 42 facturas dun total de 5.080” explicou Arroxo.
Ademais das empresas eléctricas ás que corresponden 4.949 facturas por un importe total de 1,7 millóns de euros, existen outras 131 facturas por un importe de 623.105 euros que afectan a diferentes empresas, provedores e entidades. Arroxo advertiu que “incluso se poderían levar a pleno estas facturas en expedientes individuais e votar unha a unha e así decidir a quen se lle paga e a quen non”. Para o BNG-AA “non é de xustiza que moitas pequenas empresas ou entidades como a Protectora de Animais teñan en risco a súa viabilidade pola falta de xestión do PSOE”.
Arroxo cualificou de “destrutiva” a actuación do PP que votou en contra da aprobación do expediente e “busca o rédito político a conta do desgaste da institución e a conta de causar danos moitas empresas, provedores e colectivos como a Protectora de Animais e Plantas”. Rubén Arroxo dixo que o BNG-AA absterase no caso daquelas facturas que non teñan reparo de legalidade por que “a responsabilidade da súa tramitación é do goberno socialista”. Existen traballadoras e traballadores que non van poder cobrar os seus salarios se o concello de Lugo non desbloquea esta situación e “por iso plantexamos esta solución que entendemos perfectamente viable” afirmou Arroxo.