CON ESTAS DÚAS PEQUENAS INTERVENCIÓNS CONTRIBUIRASE A EVITAR OS ATASCOS EN FONTIÑAS E MELLÓRANSE OS ACCESOS AO HULA

O BNG-AA propón dúas rotondas nos enlaces de San Eufrasio con Fontiñas e co Paseo do Rato

IMG_1528

Rubén Arroxo dixo “evitar o colapso das vías alternativas redundará en liberar o entorno da Muralla de tráfico rodado”

O BNG-AA propón dúas rotondas nos enlaces de San Eufrasio con Fontiñas e co Paseo do Rato

Lugo, 11 de abril 2017. Rubén Arroxo lembrou hoxe a necesidade de facer dúas rotondas na rúa San Eufrasio. Segundo a proposta do BNG-AA estas rotondas situaríanse nas confluencias de San Eufrasio con Fontiñas e co Paseo do Rato. Con estas dúas pequenas intervencións contribuirase a evitar os atascos en Fontiñas e mellóranse os accesos ao HULA explicou Arroxo que sinalou que esta proposta está enmarcada no proxecto de cidade que o BNG-AA ten para Lugo e que vai encamiñado a un novo modelo de mobilidade.

Estas dúas actuacións, segundo Arroxo, terían como obxectivo facilitar a circulación de vehículos por intinerarios diferentes á ronda da Muralla e dixo “evitar o colapso das vías alternativas redundará en liberar o entorno da Muralla de tráfico rodado”. O voceiro do BNG-AA lembrou que a proposta da creación dunha rotonda na intersección de San Eufrasio con Fontiñas xa foi feita fai tempo “varios grupos políticos coincidimos nesta cuestión pero o goberno municipal parece que non da pasos para que esto se materialice”.

Arroxo dixo que “dende o concello tamén se debe animar a institucións como Xunta e Deputación para que se faga un rotonda na confluencia de San Eufrasio co Paseo do Rato”. Esta rotonda facilitaría a circulación de todos os vehículos que circulan pola estrada de Fonsagrada na que, moitos deles, fan o percorrido entre Lugo e o HULA. “Entendemos que son infraestruturas perfectamente asumibles, en canto ao custe, e mellorarían significativamente a seguridade e facilidade de transito por estas vías” afirmou Rubén Arroxo.

O BNG-AA propón dúas rotondas nos enlaces de San Eufrasio con Fontiñas e co Paseo do Rato