“INICIAMOS O CAMIÑO PARA AUMENTAR A PRESENZA DO BNG NO CONCELLO DE LUGO, TANTO NA RÚA COMO NA INSTITUCIÓN” DIXO LUIS BLANCO RIBADULLA, NOMEADO RESPONSABLE LOCAL

O BNG renova os órganos locais de dirección tras a celebración da asemblea nacional

IMG_3403

11 persoas e 5 suplentes forman a única candidatura que se presenta para renovar o Consello Local que é o órgano executivo do BNG na localidade de Lugo

O BNG renova os órganos locais de dirección tras a celebración da asemblea nacional

Lugo, 10 de abril de 2017. O BNG celebrou a asemblea local na que se elixiron as persoas que formarán parte do Consello local do BNG na localidade de Lugo. Este é órgano executivo e de dirección do BNG para o concello de Lugo. Os integrantes deste novo Consello Local do BNG afrontan esta nova etapa con moita ilusión e gañas de traballar a prol desta organización, pero sobre todo "en beneficio da sociedade e facer fronte aos problemas que ten que afrontar o pobo de Lugo", aseguran.

O novo responsable local afirmou coñecer perfectamente o reto "que supón relanzar o proxecto nacionalista en Lugo e en Galiza, co denominado Proceso Adiante", proceso de refundación do BNG que a militancia aprobou e decidiu pór en marcha na última Asemblea Nacional. Nesta lista paritaria formada por homes e mulleres están representadas diferentes sectores sociais e laborais do Concello de Lugo “ademais tentamos ter persoas con coñecemento dos diferentes barrios e parroquias deste concello” concretou o novo responsábel local.

O número de membros de escolla directa na Asemblea para formar parte do novo Consello Comarcal é de 11 persoas e 5 suplentes ás que, posteriormente incorporarase o/a representante designado por Galiza Nova.

 

CANDIDATURA AO CONSELLO LOCAL DE LUGO

  1. Luis Alberto Blanco Ribadulla
  2. Maite Ferreiro Tallón
  3. Felipe Rivas Jorge
  4. Iria Buide Pena
  5. Vitor Otero Vázquez
  6. Cristina López Fernández
  7. Xosé Paz Fernández
  8. Carme Salvadores Cobas
  9. Rubén Arroxo Fernández
  10. Paz Abraira Sobrado
  11. Lois Neto López

Suplentes

  1. Alfredo David Gómez Sanmartín
  2. Soidade García Pereira
  3. Alexandre Penas Roibás
  4. Amalía Rivas Tomé
  5. Ricardo Otero López

O BNG renova os órganos locais de dirección tras a celebración da asemblea nacional