O GOBERNO MUNICIPAL ANUNCIOU EN OUTUBRO DE 2016 A EXPROPIACIÓN E O DERRIBO “PERO O MURO SEGUE IGUAL QUE ESTABA E A DÍA DE HOXE NON SE FIXO NADA” DIXO O VOCEIRO DO BNG

O BNG-AA pedirá no Pleno que o Concello execute con medios propios o derribo do muro da av. da Coruña

IMG_4983

“Unha vez que se remata o proceso de expropiación o Concello pode acometer o derribo do muro de xeito inmediato e acondicionar o paso para as persoas” explicou Arroxo

O BNG-AA pedirá no Pleno que o Concello execute con medios propios o derribo do muro da av. da Coruña

Lugo, 18 de maio de 2018. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza con veciñas e veciños da Av. da Coruña para informar de que presentará unha proposición para o vindeiro do concello de Lugo na que pedirá que se execute con medios propios o derribo do muro da av. da Coruña. “Non pode ser que, unha vez que os terreos sexan de propiedade municipal, haxa que esperar outros 6 ou 7 meses para que se faga o derribo do muro” dixo Arroxo e sinalou “as veciñas e veciños están fartos de promesas e o único que ven é que non se fai nada”.

A proposición do BNG irá dirixida ao goberno para que, unha vez os terreos sexan de propiedade municipal, o concello execute con medios propios o derribo do muro e a apertura de paso pola beirarrúa “esto non quere decir que non se faga a licitación para a urbanización da zona pero sería un primeiro paso para garantir, dunha vez, a seguridade de viandantes e avanzar da execución dunha demanda histórica” explicou Arroxo. Segundo o voceiro do BNG-AA “a obra provisional pódese facer cos medios do concello que teñen capacidade para acometela e finalizar así unha polémica que parece que ao PSOE lle gusta manter no tempo”.

O goberno municipal anunciou en outubro de 2016 a expropiación e o derribo “pero o muro segue igual que estaba e a día de hoxe non se fixo nada” dixo o voceiro do BNG.  O BNG urxe a execuciòn do derribo da Av. da Coruña. Rubén Arroxo lembrou que “o 25 de outubro de 2017 anunciou, nunha visita mediatica, o inmediato derribo deste tapón urbanístico”. Arroxo lembrou que “foron numerosas as mobilizacións veciñais aos que o BNG sempre amosou o seu apoio e agora seguiremos traballando para que esta histórica demanda veciñal se execute”.

Rubén Arroxo sinalou que “entendemos que houbo que facer diferentes trámites, mais o compromiso da alcaldesa foi de que o muro se eliminaría a finais do ano 2017, estamos no mes de abril e aínda non se executou o derribo”. O muro da av. da Coruña leva anos causando molestias a todas as persoas que transitan pola estreita beirarrúa que queda constreñida pola existencia deste tapón. Para o BNG “é unha mostra máis da incapacidade dos gobernos do PSOE para atender as necesidades reais das veciñas e veciños”.

O BNG-AA pedirá no Pleno que o Concello execute con medios propios o derribo do muro da av. da Coruña