O VOCEIRO DO BNG-AA AFIRMOU “IMOS ESTUDAR O FONDO E A FINALIDADE DE TODAS E CADA DAS PROPOSTAS DO GOBERNO POR QUE ENTENDEMOS QUE HAI MOITO DESPILFARRO E MOITAS CARENCIAS”
O BNG-AA pedirá que as propostas de investimentos se leven a pleno unha a unha
“O PSOE non se da conta que está en minoría, que a corporación é moi diversa e que non se pode condicionar en lotes a aprobación de certas partidas” dixo Rubén Arroxo
Lugo, 20 de xuño 2017. O voceiro do BNG-AA, despois de coñecer a proposta do goberno para un plan de obras que se xestará a través dun suplemento de créditos, proporá que a votación para a aprobación dos investimentos se faga no pleno un a un. “O PSOE tenta que se aproben os orzamentos pola porta de atrás sen variar as súas políticas alleas ás necesidades reais do concello” dixo Rubén Arroxo.
“O PSOE presenta uns orzamentos para saír na foto, se tiveran intención de facer unha proposta sería terían falado cos grupos con anterioridade para consesuar as propostas e, polo menos con BNG-AA, ninguén falou ata hoxe” sinalou Arroxo. O voceiro do BNG cualificou como “ficción” moitas das propostas que se inclúen neste plan de obras e lembrou “levan dende o 2009 poñendo partidas nos orzamentos para crear unha zona pública de baño e non a fixeron, non son capaces de apagar a calefacción que funciona todo o ano na Escola Infantil Gregorio Sanz e case provoca un desastre, nestes días de calor, e agora pretenden que se lles aprobe un lote de 31 investimentos confiando na xestión que farán en medio ano”.