EN ABRIL DE 2016 DÍXOSENOS QUE SE TRABALLABA EN TRES POSIBLES AREAS DE REHABILITACIÓN E REXENERACIÓN URBANA (ARRU)

O BNG-AA pide que se concreten os proxectos de ARRU que o goberno anunciou para o 2016

IMG_5467

“A rehabilitación de certos barrios e unha nova política de alugueiro social será fundamental para atallar o problema dos tapiados anti-ocupas” afirmou Arroxo

O BNG-AA pide que se concreten os proxectos de ARRU que o goberno anunciou para o 2016

Lugo, 24 de maio 2017. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, insistiu na necesidade de que o goberno municipal promova unha Area de Rehabilitación e Rexeneración Urbana (ARRU) no barrio da Milagrosa. Arroxo lembrou que no mes de abril do ano 2015, anunciábanse os primeiros pasos para o proxecto dunha Area de Rehabilitación e Rexeneración Urbana (ARRU) no barrio da Milagrosa “pero a día de hoxe non se deron pasos e vemos como o barrio precisa, cada días máis, dunha actuación integral” afirmou o voceiro do BNG-AA.

“A rehabilitación de certos barrios e unha nova política de alugueiro social será fundamental para atallar o problema dos tapiados anti-ocupas que van camiño de converter algunhas zonas de Lugo en paisaxes propias dunha película” afirmou Arroxo. No caso da Milagrosa trataríase de facer un proxecto co fin de recuperar e dinamizar a vida do barrio máis poboado de Lugo, no cal se incluían 429 edificios e 1314 vivendas que se atopaban nun importante estado de deterioro, segundo os informes do ano 2015 que evidentemente xa quedaron desfasados.

O BNG leva anos reclamando a necesidade de que, dende o concello, se dean pasos para iniciar un ARRU no barrio da Milagrosa. En abril de 2016 o BNG-AA levou esta cuestión á comisión de Desenvolvemento Sostible e o responsable da comisión anunciou tres posibles ARRUs en A Milagrosa, San Fiz (illas) e A Ponte. “a día de hoxe non se avanzou en ningún dos tres e vemos unha total parálise do goberno neste sentido” dixo Rubén Arroxo que anunciou que volverá levar este tema á comisión correspondente.

Segundo explicou Arroxo “o compromiso, naquel momento, por parte do goberno municipal era para poñer en marcha algún destes ARRUs no ano 2016 pero estamos a mediados de 2017 e nada se sabe de ningún dos tres posibles que se anunciaban”. O BNG-AA fai parte da preocupación veciñal pola falta de iniciativa do goberno municipal neste asunto e seguirá promovendo iniciativas para que se acometan plans de rehabilitación naquelas zona da cidade que o precisen.

O BNG-AA pide que se concreten os proxectos de ARRU que o goberno anunciou para o 2016