PARA O BNG-AA “A ÉPOCA DE INVERNO É A MÁIS PERIGOSA NOS CRUCES DO CAMIÑO POLA FALTA DE LUZ E O CONCELLO DEBE IMPLICARSE EN GARANTIR A SEGURIDADE NO TRANSITO”

O BNG-AA pide incrementar a seguridade nos cruces do Camiño Primitivo

IMG_1054

Maite Ferreiro sinalou “a deficiente sinalización e falta de iluminación en San Eufrasio e necesidade de marcar un paso de peóns na ronda do Carmen”

O BNG-AA pide incrementar a seguridade nos cruces do Camiño Primitivo

Lugo, 10 de novembro de 2017. A edil do BNG-AA no concello de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou a presentación dun rogo para mellorar os aspectos relacionadas coa seguridade viaria no entorno do Camiño Primitivo e dos cruces con vías urbanas e interurbanas no concello de Lugo. Para o BNG-AA “a época de inverno é a máis perigosa nos cruces do Camiño pola falta de luz e o concello debe implicarse en garantir a seguridade no transito”. Maite Ferreiro sinalou “a deficiente sinalización e falta de iluminación en San Eufrasio e necesidade de marcar un paso de peóns na ronda do Carmen”.

No caso do cruce coa rúa San Eufrasio, a pesares de que existe un paso de peóns, é difícil advertir a súa existencia para as persoas que conducen vehículos nas horas de menos visibilidade. Maite Ferreiro apostou por mellorar a iluminación no entorno do Camiño Primitivo e colocar reflectores específicos que aumenten a iluminación sobre o propio paso de peóns. Ferreiro lembrou “ademais dos peregrinos son moitas as lucenses que camiñan por esta zona e que tamén corren o perigo de non ser vistas no momento de cruzar”.

Maite Ferreiro lembrou que o BNG xa denunciou fai varios meses a falta de sinalización horizontal e vertical para delimitar un paso de peóns no novo trazado Camiño Primitivo na ronda do Carmen. A última sinalización do Camiño feita pola Xunta de Galiza reconduce o trazado dende a Porta Miñá cara a ronda do Carme obrigando ás persoas que fan o camiño a cruzar os dous carriles da ronda por un lugar no que non existe ningún tipo de sinalización que os protexa do tráfico de vehículos a motor.

O BNG-AA pide incrementar a seguridade nos cruces do Camiño Primitivo