“O PASO DE PEÓNS QUE ESTÁ EN BENIGNO RIBEIRA, PRETO DO CENTRO DE TELEMARKETING, É UN DOS MÁIS UTILIZADOS E ESTÁ NUN TRAMO QUE MÁIS TRÁFICO SOPORTA” DIXO RUBÉN ARROXO

O BNG-AA pide o repintado de pasos de peóns no Ceao e reubicación de paradas de bus

IMG_1543

Os nacionalistas pedirán, tamén, que se estude a reubicación das paradas de autobús no Ceao para dar un mellor servizo ás persoas usuarios

O BNG-AA pide o repintado de pasos de peóns no Ceao e reubicación de paradas de bus

Lugo, 12 de decembro 2016. O BNG-AA, a través do seu voceiro Rubén Arroxo, presentará un rogo na Comisión correspondente do concello de Lugo para que se proceda ao repintado dos pasos de peóns do Ceao. Arroxo puxo como exemplo da necesidade desta actuación o primeiro dos pasos de peóns da Av. Benigno Rivera que é un dos máis transitados tanto por peóns e nun dos tramos desta avenida que máis tráfico soporta.

Arroxo sinalou que “as persoas que traballan nas empresas de telemarketing utilizan a miúdo este paso de peóns e hai que ter en conta que o centro de chamadas do Ceao é a empresa que ten máis xente traballado no polígono”. Ademais o BNG-AA tamén lle pedirá ao goberno municipal que se estude a posibilidade de novas paradas de autobús para dar servizo a esta zona do polígono industrial.

Ediles do BNG-AA comprobaron, en primeira persoa, a necesidade de reforzar a sinalización horizontal dos pasos de peóns no Ceao para facilitar o tránsito de persoas e, tamén, para calmar o tráfico e puntos nos que a acumulación de vehículos provoca unha importante cantidade de pequenos accidentes. “Xusto ao voltar da visita ao Ceao sufrimos unha colisión por alcance na que ía ser a turborotonda do Ceao” informou Rubén Arroxo.

O BNG-AA pide o repintado de pasos de peóns no Ceao e reubicación de paradas de bus