A BAIXADA DENDE FOI PECHADA POLO GOBERNO SOCIALISTA EN OUTUBRO DE 2015 E DENDE AQUEL MOMENTO NON SE BUSCOU NINGUNHA ALTERNATIVA
O BNG-AA pide unha solución para o enlace do parque Marcos Cela coa zona do río
Maite Ferreiro lembrou que “esta solución xa foi demandada polo BNG-AA cando o goberno socialista adoptou como única solución o peche da baixada cun balado metálico”
Lugo, 28 de agosto de 2017. A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, pediu unha solución para que as persoas que acceden á zona do río Miño dende o parque Marcos Cela o poidan facer dun xeito seguro. Ferreiro lembrou que “esta solución xa foi demandada polo BNG-AA cando o goberno socialista adoptou como única solución o peche da baixada cun balado metálico”. A baixada dende foi pechada polo goberno socialista en outubro de 2015 e dende aquel momento non se buscou ningunha alternativa
Maite Ferreiro sinalou que “xa son moitas as persoas que utilizan este percorrido para achegarse ao entorno do Miño e co bo tempo cada vez foron moitas máis pero pasou o verán e o paso segue oficialmente pechado”. “A pesares de que se deron explicacións e propostas naquel ano 2015 a realidade é que non se fixo nada dende aquela” afirmou a edil nacionalista.
Maite Ferreiro avanzou que “seguramente nos dirán que se lle dará solución cos fondos do plan EDUSI pero non podemos pasar máis tempo poñendo en perigo ás persoas que por alí transitan” e engadiu “existen solución factibles, fáciles de acometer e que non precisan dunha gran inversión que darían seguridade a peóns e automobilistas neste punto”. Ferreiro informou que, a día de hoxe, “mantense coa baranda destrozada e co paso cortado sen solucións para os peóns”.