O VOCEIRO NACIONALISTA LEMBROU QUE HAI UN ANO O SEU GRUPO PROPUXO QUE SE ESTUDARA A POSIBILIDADE DE CONVERTER ESTA INSTALACIÓN NUN PUNTO DE RECARGA DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS

O BNG-AA pregunta se houbo algún avance no Parque de Enerxías Alternativas do Ceao

IMG_3812

Arroxo apuntou que “a instalación custou 756.000 euros de fondos públicos hai máis dunha década e aínda non ten proxectado ningún uso”

O BNG-AA pregunta se houbo algún avance no Parque de Enerxías Alternativas do Ceao

Lugo, 9 de maio 2018. O BNG vén de presentar unha serie de preguntas á comisión municipal para saber se o goberno municipal deu algún paso para dar solución ao Parque de Enerxías Alternativas do Ceao. O concelleiro nacionalista apuntou o alto custe que tivo dita infraestrutura hai máis de 10 anos “a instalación custou 756.000 euros de fondos públicos hai máis dunha década e aínda non ten proxectado ningún uso”, informando que a única recadación coñecida pola produción de enerxía eléctrica é de 9.400€ no ano 2010, polo que supón un raquítico 1,24% do total do gasto.

O voceiro do BNG lembrou que dende o seu grupo rexistraron unha iniciativa hai un ano para estudar a posibilidade de que esa instalación se puidese aproveitar para o uso de recarga de vehículos eléctricos “o goberno municipal ten que explorar cal é o mecanismo para que permita este aproveitamento por que entendemos que ademais de ser beneficioso para veciños e veciñas tamén supón un xesto de aposta polos recursos propios e sostibles do que dispón o concello de Lugo”, ademais evitaríase estar tirando electricidade que a día de hoxe produce.

Arroxo informou que a produción total desta instalación é de 20 Mw hora/ano. Os 544 paneis solares teñen unha potencia unitaria de 65 W, e a potencia total de 35.360 w. Esta produción, e segundo técnicos consultados, poderían converterse en torno a 100.000 km/ano para vehículos eléctricos.

Dende o BNG lembran que esta proposta daría solución ás trabas administrativas e burocráticas que impiden a venta de electricidade ou o seu verquido á rede eléctrica “segundo as consultas feitas nada impede que concello instalase un punto de recarga de vehículos eléctricos e que se utilice a enerxía que se produce no Ceao para este fín”. Ademais do coste inicial de instalación o parque do paneis solares do Ceao ten un custo de mantemento para as arcas municipais e non ten, neste momento, ningunha tipo de retorno económico.

O BNG-AA pregunta se houbo algún avance no Parque de Enerxías Alternativas do Ceao