OS NACIONALISTAS TRASLADARÁN UNHA SERIE DE PREGUNTAS PARA SABER SE O GOBERNO É COÑECEDOR DESTES VERTIDOS E SE EXISTE ALGÚN TIPO DE AUTORIZACIÓN PARA O DEPOSITO DE INERTES NESTE LUGAR

O BNG-AA preguntará pola legalidade da escombreira de Paradai

IMG_3466

Rubén Arroxo dixo que “non é normal que haxa estas acumulacións de materiais de obra nun entorno como é o da beira do río rato e tan preto das vivendas”

O BNG-AA preguntará pola legalidade da escombreira de Paradai

Lugo, 14 de abril de 2017. O voceiro municipal do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que presentará unha serie de preguntas en relación á escombreira de Pardai. O acúmulo de materiais inertes atópase preto da intersección da rúa Pédaneo Xoan Diego con Alexándre Bóveda, en Paradai.  Rubén Arroxo dixo que “non é normal que haxa estas acumulacións de materiais de obra nun entorno como é o da beira do río rato e tan preto das vivendas”.

Os nacionalistas trasladarán unha serie de preguntas para saber se o goberno é coñecedor destes vertidos e se existe algún tipo de autorización para o deposito de inertes neste lugar. Este depósito de materias converteuse nunha excombreira que cada vez ten máis escombros. Trátase dun entorno privilexiado pola súa proximidade ao paseo do Rato e nunha zona na que se deberían coidar especialmente as cuestións mediambientais por estar a escasos metros do cauce alto do río Rato.

Arroxo lembrou que “O BNG leva moito tempo loitando por eliminar os vertedoiros incontrolados que aparecen en diferentes puntos do municipio, mais neste caso extráñanos o volumen da escombreira e a súa ubicación case no casco urbano da cidade”. Arroxo indicou que “aínda no caso de que este vertedoiro tivese, por algunha razón, algún tipo de autorización, imos pedir que se retire no menor espazo de tempo de posible por que imcumpre todas as normas medioambientais”.

 

O BNG-AA preguntará pola legalidade da escombreira de Paradai