O BNG-AA PIDE QUE SE AXUSTE O VOLUME DOS SINAIS ACÚSTICOS DA REDE SEMAFÓRICA QUE FOI REBAIXADO NALGÚNS PUNTOS DA CIDADE

“As persoas cegas teñen problemas para escoitar os sinais dos semáforos polo ruído do tráfico” informou Arroxo

Os nacionalistas tamén reclamaron, unha vez máis, que se actualice a mensaxe acústica do semáforo de Mártires de Carral que aínda continúa “falando” de Comandante Manso

“As persoas cegas teñen problemas para escoitar os sinais dos semáforos polo ruído do tráfico” informou Arroxo

Lugo, 13 de abril de 2017. O voceiro municipal do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que trasladará unha petición ao goberno local para que se axuste o volume dos sinais acústicos da rede semafórica que foi rebaixado nalgúns puntos da cidade. Arroxo explicou “segundo nos explicaron houbo queixas veciñais por que durante a noite os sinais acústicos dos semáforos seguían funcionando coa mesma intensidade e molestaban a veciñas e veciños e agora as persoas invidentes teñen dificultades por que o ruído do tráfico é moi superior ao volumen dos semáforos”.

Dende o BNG-AA proponse que se axuste o volume, diferenciando os horarios, para que durante o día sexa o suficiente para orientar as persoas cegas e pola noite non moleste á veciñanza. Arroxo dixo que “foi un veciño invidente quen nos advertiu desta situación e cónstanos que fai moito tempo que trasladou esta cuestión ao goberno municipal pero aínda non se deu a solución axeitada”. O voceiro nacionalista pediu “maior sensiblidade” nestas cuestións por que “Lugo recibiu varios recoñecementos polo que se ten avanzado en mobilidade e non podemos pedir que pequenos detalles, fáciles de solucionar, estraguen este bo facer”.

En Mártires de Carral aínda resoa o Comandante Manso

Os nacionalistas tamén reclamaron, unha vez máis, que se actualice a mensaxe acústica do semáforo de Mártires de Carral que aínda continúa “falando” de Comandante Manso. Arroxo lembrou que xa advertimos desta cuestión en maio de 2016 e un ano despois aínda non se solucionou este asunto. Tras o cambio de nome da praza de Comandante Manso por Mártires de Carral o audio do sémaforo do paso de peóns aínda informa sobre o cruce cara a praza de Comandante Manso.

“As persoas cegas teñen problemas para escoitar os sinais dos semáforos polo ruído do tráfico” informou Arroxo