A XORNADA REMATARÁ CUN ACTO SOBRE PATRIARCADO E CAPITALISMO COA PARLAMENTARIA DO BNG NOA PRESAS E A DOUTORA EN ECONOMÍA MARÍA CARME GARCÍA NEGRO

No día internacional da bicicleta o BNG organiza un paseo baixo o lema BICIS POLA IGUALDADE

IMG_3473

“No día da bicicleta, queremos poñer de manifesto a nosa aposta pola igualdade e manifestar o noso rexeitamento a todo tipo de violencia machista” dixo Maite Ferreiro

No día internacional da bicicleta o BNG organiza un paseo baixo o lema BICIS POLA IGUALDADE

Lugo, 18 de abril de 2017. O BNG ten programado para mañá mércores, día internacional da bicicleta, un acto lúdico – reivindicativo baixo o nome BICIS POLA IGUALDADE. A edil do BNG-AA Maite Ferreiro explicou “trátase dunha aposta por continuar, esta vez en bicicleta, demandando un xulgado de violencia de xénero para Lugo”. Ás 18:00 horas instalarase no tramo peonil da ronda da Muralla un mesa de recollida de sinaturas e sairá unha marcha ciclista que transitará polo centro da cidade e dará unha volta á ronda da muralla. A xornada rematará cun acto sobre Patriarcado e Capitalismo que terá lugar no centro social Uxío Novoneyra ás 19:30 horas no que participarán a parlamentaria do BNG Noa Presas e a Doutora en Economía María Carme García Negro.

O BNG instalará mañá ás 18:00 horas, na confluencia da ronda da Muralla coa rúa Bispo Aguirre, unha mesa de recollida de sinaturas para pedir para Lugo un xulgado específico de violencia de xénero. A esa mesma hora, e dende este mesmo punto, sairá unha marcha ciclista para “pedalear pola igualdade” que percorrerá o centro da cidade e a ronda da Muralla. As parlamentarias Olalla Rodil e Noa Presas apoiarán esta iniciativa do BNG de Lugo.

Maite Ferreiro convidou a todas as persoas “comprometidas e con sensibilidade” a participar nestas iniciativas nas que “celebrando o día internacional da bicicleta, queremos poñer de manifesto o noso compromiso pola igualdade e manifestar o noso rexeitamento a todo tipo de violencia machista”. Simpatizantes e militantes do BNG fixeron un reparto informativo polo centro de Lugo para convidar a todas as persoas a participar nestes actos.

No día internacional da bicicleta o BNG organiza un paseo baixo o lema BICIS POLA IGUALDADE