RUBÉN ARROXO EXPLICOU QUE TRAS RECIBIR OS INFORMES EMITIDOS POLAS DIFERENTES ADMINISTRACIÓNS “VESE QUE A DEPUTACIÓN TEN INTERESE EN PARALIZAR O PROXECTO DO BNG”

O BNG-AA presentará un escrito na Confederación para continuar co seu proxecto de zona pública de baño

IMG_8488
IMG_8488

 

 

A Xunta de Galiza, con competencias medioambientais, deu informe favorable mentres que a Deputación fixo un informe “tan duro como subxectivo contra a proposta do BNG”


 

O BNG-AA presentará un escrito na Confederación para continuar co seu proxecto de zona pública de baño

Lugo, 31 de maio 2017. Ediles do BNG-AA no concello de Lugo deron conta hoxe da recepción dos informes emitidos polas diferentes administracións en relación á proposta de instalación dunha rampa de acceso ao río na zona das Saamasas. Dende o BNG anunciouse que presentará un escrito ante a Confederación Hidrográfica para que se continúe a tramitación dos permisos para a instalación dun acceso ao río na zona de As Saamasas.

 

Rubén Arroxo explicou que, dende a Confederación, lle foron remitidos, ao BNG, os informes emitidos dende a Xunta o Concello e a Deputación. Arroxo cualificou como “paradigmático” que mentres a Xunta, que ten competencias en materia medioambiental, da un informe favorable a Deputación, sen competencias medio-ambientais, fai un informe tan duro como subxectivo intentando paralizar a iniciativa do BNG.

 

A expediente aberto na Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a autorización da instalación dun acceso de madeira no río Miño no entorno da área recreativa de As Saamasas incorporáronse os informes do Concello de Lugo, a Deputación e o servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galiza. Arroxo destacou que a Xunta de Galiza, única administración con competencias en Medio Ambiente, emitiu un informe favorable no seu informe de valoración ambiental.

 

Rubén Arroxo explicou que tras recibir os informes emitidos polas diferentes administracións “vese que a Deputación ten interese en paralizar o proxecto do BNG” e lembrou que “tanto o Concello como a Deputación, con gobernos socialistas, levan moitos anos enganando aos lucenses e negando a posibilidade de contar coa zona pública de baño”.

 

Pola súa banda, Maite Ferreiro, sinalou que a Deputación fixo un informe “tan duro como subxectivo contra a proposta do BNG” e lamentou que “despois de todas as atrocidades que se fixeron no entorno da fábrica da luz, se faga un informe tan incisivo contra unha proposta de instalación dun acceso de madeira ao río nunha zona que xa é utilizada por moitas persoas como zona de baño”. Os nacionalistas coincidiron en sinalar “a falta de interese por parte do PSOE en que Lugo conte, un ano máis, con zona pública de baño”.

 

 

O BNG hoxe presentou o seu novo logotipo

Maite Ferreiro e Rubén Arroxo aproveitaron os momentos previos á comparecencia de prensa para colocar, no local do grupo municipal, o novo logotipo do BNG que foi presentado esta mesma mañá. “Trátase dunha nova imaxe trinta anos despois da fundación do BNG que busca transmitir o momento que vivimos: un tempo novo cargado de ilusión” dixo Rubén Arroxo. Para o BNG é o momento de construír, de sumar, de tender pontes e sementar ideas para ofrecer á sociedade galega un novo horizonte compartido, moderno, próspero e vivo.

O BNG-AA presentará un escrito na Confederación para continuar co seu proxecto de zona pública de baño