NESTE MOMENTO O PARQUE DE ENERXÍAS ALTERNATIVAS DO CEAO ESTÁ PRODUCINDO ENERXÍA QUE VAI PARA A TERRA E NON SE APROVEITA PARA NADA

O BNG-AA propón unha estación de carga para vehículos eléctricos nos paneis solares do Ceao

IMG_3812

Arroxo dixo “consultores enerxéticos informáronnos que tecnicamente é posible, con esta proposta dariámoslle utilidade a unha instalación que constou 756.000 euros”

O BNG-AA propón unha estación de carga para vehículos eléctricos nos paneis solares do Ceao

Lugo, 8 de maio 2017. O voceiro do BNG-AA propuxo a creación dun punto de carga para vehículos eléctricos no Ceao. A estación de carga estaría situado no parque de enerxías alternativas que “neste momento está a enterrar a enerxía que produce” e tería caracter gratuíto e público. Rubén Arroxo dixo que “o goberno municipal deberá que explorar cal é o mecanismo para que permita este aproveitamento por que entendemos que ademais de ser beneficioso para veciños e veciñas tamén supón un xesto de aposta polos recursos propios e sostibles do que dispón o concello de Lugo”.

Esta instalación suporía un retorno social do investimento de 756.000 € que o concello de Lugo fixo nesta instalación. “Ademais entendemos que pode ser de utilidade para empresas de reparto e transporte que comenzan a apostar pola utilización de vehículos eléctricos ao igual que para outros usuarios que apostan polos vehículos eléctricos” dixo Arroxo e informou que a produción total desta instalación é de 20 Mw hora/ano. Os 544 paneis solares teñen unha potencia unitaria de 65 W, e a potencia total de 35.360 w. Esta produción, e segundo técnicos consultados, poderían converterse en 100.000 km/ano para vehículos eléctricos.

Neste momento o parque de enerxías alternativas do Ceao está producindo enerxía que vai para a terra e non se aproveita para nada. O novo punto de carga podería ser de utilidade tamén para vehículos eléctricos que chegan ao Ceao dende outras vilas e cidades e precisan unha recarga extra para o retorno, “con esta medida incentivaríase o uso de vehículos eléctricos en distancias medias e longas e o polígono do Ceao é un punto clave para comerciais e empresas de reparto” sinalou Arroxo.

A proposta do BNG-AA daría solución ás trabas administrativas e burocráticas que impiden a venta de electricidade ou o seu verquido á rede eléctrica. “Pola información que temos nada impediría que concello instalase un punto de recaraga de vehículos eléctricos e que se utilizase a enerxía que se produce no Ceao para este fín”. Ademais do coste inicial de instalación o parque do paneis solares do Ceao ten un custo de mantemento para as arcas municipais e non ten, neste momento, ningunha utilidade.

O BNG-AA propón unha estación de carga para vehículos eléctricos nos paneis solares do Ceao