DENDE FAI ANOS AS ESCAVACIÓNS ARQUEOLOXÍCAS DOS FORNOS DA TINERÍA PERMANECEN CERCADOS CUN PECHE DE CHAPA QUE NON SE AXEITA A NORMATIVA VIXENTE NO CONCELLO DE LUGO

O BNG-AA propón a posta en valor das escavacións arqueolóxicas da Tinería e pide a retirada do peche “ilegal”

IMG_2171

Rubén Arroxo lembrou que “temos unhas excavacións arqueolóxicas iniciadas que poderían ser centro de investigación e polo de atractivo turístico”

O BNG-AA propón a posta en valor das escavacións arqueolóxicas da Tinería e pide a retirada do peche “ilegal”

Lugo, 21 de novembro de 2017. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, pediu que a Xunta de Galiza faga iniciativas concretas para poñer en valor o Barrio da Tinería e propuxo a continuación das escavacións situadas nesta zona da cidade e paralizadas dende a chegada de Feijoo á Xunta. Arroxo lembrou a “paralización total” da rehabilitación e rehabitación do barrio dende a chegada do PP ao goberno galego e despois do traballo feito cando o BNG tivera responsabilidades de goberno.

“paralización total” da rehabilitación e rehabitación do barrio

Arroxo propuxo un plan para poñer en valor as escavacións arqueolóxicas dos fornos romanos na zona excavada pegada á muralla. A proposta do BNG-AA tería como finalidade ampliar os estudos arqueolóxicos xa iniciados nestas escavacións con persoal técnico da administración e “mesmo se poderían crear grupos de traballo voluntario e investigación para estudantes de arqueoloxía e titulacións similares nos períodos vacacionais”.

Para o voceiro do BNG-AA “estas escavacións tamén poderían converterse nun polo de atracción turística que completarían os percorridos para visitantes que xa existen na cidade”. Arroxo incidiu na necesidade “de facer propostas concretas e positivas para dinamizar a Tinería aproveitando os investimentos que xa están feitos pola administración e que permanecen ocultos tras dun peche de lata e afastados da vida da cidade”.

Rubén Arroxo dixo que “estamos seguros de que a Xunta e o sr. Balseiro terán en conta esta proposta dada a preocupación que ultimamente teñen polo barrio da Tinería” e lamentou que “toda a propaganda e anuncios que se están a facer sobre este barrio non se materialicen en feitos e en orzamentos reais para acometer todas as melloras necesarias”.

Peche ilegal

Igualmente, o voceiro do BNG-AA sinalou que o peche que rodea as escavacións da Tinería e que “polo tempo que leva alí se converteu en permanente” podería incumprir a normativa municipal. O valado, feito de chapa metálica, non cumpre co artigo 302 da Ordenanza Municipal de Protección Medioambiental no relativo ás condicións que se sinalan para o peche de predios e terreos. Rubén Arroxo lembrou que “o concello obriga a cumprir coa normativa aos propietarios particulares de solares e entendemos que tamén se lles debe esixir o mesmo as outras administracións, máxime cando se trata dun lugar tan céntrico e simbólico como son estas excavacións da Tinería”.

O BNG-AA propón a posta en valor das escavacións arqueolóxicas da Tinería e pide a retirada do peche “ilegal”