O BNG ABANDONOU A COMISIÓN DE FESTAS
A voceira do BNG marchou da xuntanza da comisión polo seu desacordo co xeito de actuar do goberno municipal convocando xuntanzas sen contido nas que xa todo está decidido
O BNG quere unhas festas feitas coa participación da xente dixo Paz Abraira
Lugo, a 12 de agosto de 2014. A voceira do BNG abandonou hoxe a xuntanza da comisión de festas por estar en desacordo coas formas utilizadas polo goberno municipal. Ao comenzo da xuntanza Paz Abraira lembroulle á edil de cultura cales eran os mecanismos para a elección do pregoeiro e da persoa oferente da ofrenda a Rosalía. Ante a falta de consideración, por parte da edil de cultura, que fixo ouvidos xordos a edil nacionalista abandonou a xuntanza. O BNG xa criticara que o goberno socialista no estableza cauces participación da xente e dos grupos políticos á hora de facer propostas para estas festas que, lembrou, "son organizadas por unha asistencia técnica que lle custa 10.000 euros ao concello".
Paz Abraira dixo que abandonara a xuntanza da comisión de festas despois de constantar que non serve absolutamente para nada. Abraira explicou que cada ano é un grupo político quen fai a proposta do pregoeiro e da persoa oferente no acto de ofrenda a Rosalía de Castro pero esta proposta debe ser aprobada na comisión de festas. Abraira sinalou que a edil de cultura, sen respetar a comisión nen á corporación, xa tiña decidido que persoas serían as encargadas do pregón e da ofrenda a Rosalía e somentes convoca a xuntanza para comunicalo.
Abraira lembrou que o BNG fixo as festas, no seu momento, buscando a participación dos grupos políticos e dos cidadáns. Cando o BNG tivo a responsabilidade de organizar as festas do San Froilán tivéronse en conta propostas dos grupos políticos e abríronse canles de participación para que a xente fixera propostas, tanto á hora de elixir o cartel anunciador das festas como á hora de elixir os grupos que actuarían nas festas afirmou Paz Abraira.