O BNG ACUSA AO PSOE DE “SEGUIR FACENDO POLÍTICA-FICCIÓN”

O BNG ACUSA AO PSOE DE “SEGUIR FACENDO POLÍTICA-FICCIÓN”

Informe convenio1Un informe di que “non existe expediente en tramitación nin convenio algún asinado entre Concello e Deputación para a realización de actuacións en colaboración coa Axencia Provincial da Enerxía”

Os nacionalistas presentaran un batería de preguntas para comisión sobre este asunto e o acceso ao expediente de tramitación deste convenio

Lugo, 29 de marzo, 2014. A voceira nacionalista no concello de Lugo, Paz Abraira, acusou aos representantes do PSOE no concello de Lugo e na Deputación de “tratar de enganar aos lucenses” e “seguir facendo política-ficción”. O BNG recibiu un informe, asinado polo técnico municipal correspondente e con data do 27 de marzo, no que se certifica literalmente que: no día da data, non existe expediente en tramitación nin convenio algún asinado entre Concello e Deputación para a realización de actuacións en colaboración coa Axencia Provincial da Enerxía.

O pasado 18 de marzo presentouse no concello de Lugo, coa presenza do Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez; e a Vicepresidenta Segunda da Deputación provincial, Lara Méndez, un convenio destinado a optimizar e racionalizar o gasto enerxético. Este traballo, segundo se dixo ante os medios de comunicación, sería feito a través da a través da Axencia provincial da Enerxía. Abraira criticou o xeito de actuar dos representantes do PSOE nos gobernos das institucións “a falta de rigor e de traballo levaos a estar máis pendentes de saír na foto e vender fume que de traballar polo ben dos lucenses”.

O BNG xa anunciou naquel momento que presentaría unha batería de preguntas, para a súa resposta en comisión, nas que se demandaba información ao goberno municipal sobre este convenio. Os nacionalistas criticaron naquel momento que o goberno municipal non tivera en conta aos Servizos Eléctricos Municipais para todo o relacionado con este anuncio. Abraira sinalaba que o “BNG non ten nada contra este convenio pero queremos saber que vai facer o seguimento dende o concello xa que os servizos eléctricos nada sabían deste asunto”.

Comisión o luns

Dende o BNG agardan para coñecer a resposta que se dará ás preguntas presentadas na comisión que se celebrará este luns. “Unha vez máis veremos a un goberno sin respostas ou improvisando para saír do paso” dixo Abraira. As preguntas foron presentadas en base a que o BNG ten constancia de que o concello xa dispón dos resultados dunha auditoría anterior e os propios servizos municipais teñen presentado informes nos que se plantexaban propostas para reducir de xeito considerable os gastos derivados do consumo eléctrico. O goberno municipal non contou, tampouco, cos servizos eléctricos para aplicar os resultados obtidos desta auditoría nin destes informes que xa poderían ter reducido, de ser aplicados, o gasto derivado do consumo eléctrico.

Ademais entre as preguntas presentadas polo Grupo Municipal do BNG insístese en saber quen vai ser a persoa designada, como técnico, por parte do concello para que se ocupe de supervisar este asunto e que servizo municipal vai determinar o contido desa auditoría enerxética. Tamén se preocupa o BNG por saber se vai incluír, esa auditoría enerxética, o control dos submnistros de gas.

O BNG ACUSA AO PSOE DE “SEGUIR FACENDO POLÍTICA-FICCIÓN”