ABRAIRA DI QUE “O GOBERNO MUNICIPAL MENTIU SEN PUDOR NA COMISIÓN A RESPECTO DAS FACTURAS ELÉCTRICAS"

ABRAIRA DI QUE “O GOBERNO MUNICIPAL MENTIU SEN PUDOR NA COMISIÓN A RESPECTO DAS FACTURAS ELÉCTRICAS"

IMG_2996O convenio coa Deputación podería ter un elevado custo para o Concello e ninguén é capaz de cuantificar a canto podería ascender

Lugo, 1 de abril, 2014. A voceira nacionalista no concello de Lugo, Paz Abraira, afirmou que na comisión celebrada onte o representante do goberno municipal, Manuel Chaín, “mentiu e falseou a realidade sen ningún pudor”. Abraira referiuse fundamentalmente ao feito de que o concelleiro de infraestruturas asegurara que se está a realizar, por parte dos servizos municipais, o control das facturas eléctricas que chegan ao concello. Segundo informou Paz Abraira “dende os servizos eléctricos do concello deixan claro que ninguén está a facer este traballo”.

Na propia comisión o concelleiro responsable achacou “a un problema de relación entre funcionarios” o feito de que non se realice o control das facturas. Para o BNG “é un desprezo aos traballadores públicos municipais e aos servizos do propio concello”. “Resulta patético” remarcou Paz Abraira “que o gabinete de prensa da alcaldía teña que saír a desdecir ao concelleiro”.

Abraira referiuse, tamén, ao convenio “inexistente” coa Axencia Provincial da Enerxía e dixo que “no goberno municipal usan os anucios nos medios de comunicación para ocultar a súa falta de actividade”. O convenio anunciado terá, probablemente, un elevado custe para o concello de Lugo pero a pesar das preguntas presentadas na comisión non foron capaces, dende o goberno municipal, de contestar sobre este asunto.

ABRAIRA DI QUE “O GOBERNO MUNICIPAL MENTIU SEN PUDOR NA COMISIÓN A RESPECTO DAS FACTURAS ELÉCTRICAS"