FERREIRO DIXO “PARA QUE A XENTE SE ENTERE QUEREMOS ANUNCIAR A PUBLICACIÓN DESTAS AXUDAS POR QUE A CONVOCATORIA FEITA O 29 DE OUTUBRO POR QUE ERA SÁBADO E NO MEDIO DUNHA PONTE VACACIONAL”

O BNG advirte que “rematou outubro e as axudas de cultura e deportes seguen sen convocarse”

IMG_0844
Maite Ferreiro, concelleira do BNG-AA no concello de Lugo

Maite Ferreiro explicou que “o día  25 de outubro, en contra do que dicía o BNG, o goberno asegurou que as axudas a colectivos de caracter veciñal, educativo, profesional e de medio ambiente estaban convocadas pero o BOP deunos a razón”

O BNG advirte que “rematou outubro e as axudas de cultura e deportes seguen sen convocarse”

Lugo, 2 de novembro 2016. A edil do BNG – Asembleas Abertas informou hoxe que o goberno municipal fixo a primeira convocatoria de axudas, para colectivos, de este ano a través do Boletín Oficial da Provincia o pasado sábado 29 de outubro. Maite Ferreiro criticou que a convocatoria fose feita nun sábado e en plena ponte vacacional  “para que a xente se entere queremos anunciar a publicación destas axudas que van dirixidas a colectivos de caracter veciñal, educativo, profesional e de medio ambiente para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para o mantemento de equipamentos”.

"é un trastorno á hora de que as asociacións efectivicen as súas programacións anuais”

O pasado 24 de outubro o BNG xa denunciara o feito de que as axudas no foran convocadas. Nese momento o goberno municipal respostou asegurando que as subvencións dirixidas a colectivos de caracter veciñal, educativo, profesional e de medio ambiente xa foran convocadas e que as outras ían ser aprobadas en xunta de goberno.  Maite Ferreiro explicou que “o día  25 de outubro o goberno dixo que estas axudas xa estaban convocadas, en contra do que dicía o BNG, pero o BOP deunos a razón xa que a súa publicación produciuse o 29 de outubro”.

Maite Ferreiro advertiu que “rematou outubro e as axudas de cultura e deportes seguen sen convocarse, a pesares de ser os colectivos máis numerosos e os que maior cuantía perciben en axudas” e cualificou de “irresponsable” o feito de que, a estas alturas, do ano aínda non se convocaran as axudas deste ano 2016. Maite Ferreiro lembrou que os colectivos e entidades teñen que realizar as actividades, para as que reciban subvención, dentro do ano 2016 “o feito de que a estas alturas do ano aínda non se convocaran, provoca un trastorno á hora de que as asociacións efectivicen as súas programacións anuais”.

A edil do BNG-AA asegurou que a falta de coordinación entre as persoas que compoñen a Xunta de Goberno do concello provoca estes retrasos “por que cada un vai polo seu lado e non son capaces de facer nada que requira dunha mínima coordinación”. Maite Ferreiro asegurou que “chove sobre mollado, o ano pasado aludiuse a que as eleccións municipais no mes de maio retrasaran a tramitación, mais este anos esa excusa xa non serve”.

O BNG advirte que “rematou outubro e as axudas de cultura e deportes seguen sen convocarse”