RUBÉN ARROXO AMOSOU UN EXEMPLAR DE AVESPA VELUTINA CAPTURADO NO DÍA DE ONTE NUNHA PARROQUIA DO CONCELLO DE LUGO

“As Velutinas están en Lugo e o concello debe prever un plan de actuación” dixo Rubén Arroxo

IMG_0823
Rubén Arroxo amosando as dúas especies de himenópteros

Arroxo anunciou que o grupo do BNG-AA levará unha proposición ao pleno para que se adopten as medidas precisas para o control da Velutina no termo municipal

“As Velutinas están en Lugo e o concello debe prever un plan de actuación” dixo Rubén Arroxo

Lugo, 31 de outubro 2016. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo informou do achádego nunha parroquia do concello de Lugo dun exemplar de avespa Velutina que foi capturado por un apicultor, no día de onte, nunha das trampas que ten instaldas no seu apiario. “As Velutinas están en Lugo e o concello debe prever un plan de actuación” dixo Rubén Arroxo. Arroxo presentou o exemplar desta especie invasora (Velutina) xunto con un exemplar de avespa Crabro que é unha especie autóctona que “ a pesar de ter un tamaño moito maior que a Velutina, está totalmente integrada nos nosos ecosistemas e non provoca os danos que provoca o himenóptero invasor”.

Arroxo presentou o exemplar de Velutina xunto con un exemplar de avespa Crabro que é unha especie autóctona

Arroxo sinalou que “esta é a primeira vez que temos constancia da presenza desta especie no termo municipal de Lugo” aínda que non descartou que xa existan enxamios implantados en Lugo dende fai algún tempo. Para Arroxo “trátase dun problema que se da en todo o país e se non se toman medidas vaise converter nun grave problema para a apicultura, a agricultura e as propias persoas” e advertiu que “a Velutina pode crear graves problemas cando empece a atacar viñedos, cultivos de froita e incluso instalarse nas cidades onde poderían crear problemas diversos”.

O BNG-AA proporá que no concello se implanten sistemas de actuación para frear a plaga. Rubén Arroxo concretou a necesidade de instalar trampas en espazos públicos e animar ás veciñas e veciños a colocar trampas en terraza se xardín se explicou que “cada raiña que se captura é un enxamio menos e así irase freando o avance desta especie invasora”. Ademais de coordinar as actuacións coa Xunta de Galiza, Arroxo explicou que o concello debe dotar de medios persoais e materiais para erradicar este problema aos traballadores municipais que asuman estas tarefas. Arroxo explicou que os propios bombeiros non contan con traxes nin medios adaptados para acudir a retirar enxamios de avespas Velutinas.

Iniciativa para o pleno da corporación.

Rubén Arroxo anunciou que o grupo do BNG-AA levará unha proposición ao pleno do mes de novembro para que se adopten as medidas precisas para o control da Velutina no termo municipal. O voceiro nacionalista sinalou que “a competencia é da Xunta de Galiza pero o concello debe ter previsto un plan de actuación para poder afrontar os problemas derivados da presenza deste insecto no noso concello”. A iniciativa do BNG-AA tamén servirá para instar á Xunta de Galiza a que poña os medios necesarios para tratar de frear a invasión da coñecida como avespa asiatica en todo o país. “Non hai que inventar nada novo, trátase de aplicar protocolos eficaces como o de Euskadi que está a dar un bo resultado” afirmou Arroxo.

“As Velutinas están en Lugo e o concello debe prever un plan de actuación” dixo Rubén Arroxo