RUBÉN ARROXO SINALOU QUE “UNHA VEZ MÁIS A COLABORACIÓN VEIÑAL PERMITIU QUE POIDAMOS DENUNCIAR AS BARBARIDADES QUE SE ESTÁN A COMETER NO CONCELLO DE LUGO COS DEPÓSITOS ILEGAIS DE RESIDUOS”
O BNG-AA pide que se investigue o ocurrido na parroquia de Pías onde apareceu material sanitario e datos persoais abandonados ao carón de colectores do lixo
O BNG-AA puxo en marcha, recentemente, un plan de información nas parroquias para que veciñas e veciños denuncien, a través do propio BNG, vertidos ilegais de lixo
Lugo, 31 de outubro 2016. O BNG-AA pide que se investigue o ocurrido na parroquia de Pías onde apareceron medicamentos e datos persoais abandonados ao carón de colectores do lixo. Rubén Arroxo sinalou que “unha vez máis a colaboración veiñal permitiu que poidamos denunciar as barbaridades que se están a cometer no concello de Lugo cos depósitos ilegais de residuos” e lembrou que “esto demostra a necesidade de establecer mecanismos como o que o BNG puxo en marcha fai uns días, para que a xente que vive nas parroquias poida denunciar os vertedoiros ilegais e os atentados medioambientais que se están a producir”.
"o BNG puxo en marcha, fai uns días, unha iniciativa para rematar cos vertedorios ilegais"
“Segundo cuidemos constatar en Pías quedou abandoada unha furgoneta con material sanitario e documentos que contiñan datos persoais” afirmou Arroxo que insistiu “de non ser pola colaboración veciñal non teriamos constancia deste auténtico despropósito”.As autoridades sanitarias e a propia policia terá que investigar quen é o responsable deste vertido de material sanitario “que aínda non estaba caducado e que apareceu a carón dos colectores do lixo”. Arroxo afirmou que “polo volumen dos restos atopados tiveron que ser transladados ata alí nunha furgoneta ou nun vehículo dun tamaño considerable”.