O BNG-AA PROPORÁ BUSCAR FÓRMULAS PARA ELIMINAR SEMÁFOROS NOS CRUCES DA RONDA APROVEITANDO SISTEMAS DE CALMADO DO TRÁFICO QUE MELLOREN A FLUIDEZ E A SEGURIDADE

“Eliminando semáforos na ronda pódese incrementar a fluidez garantindo a seguridade”

IMG_4676

Arroxo pediu que se aproveite a redución de velocidade a 30 km/h para buscar “outro modelo de circulación arredor da muralla mentres non se peonalice completamente”

“Eliminando semáforos na ronda pódese incrementar a fluidez garantindo a seguridade”

Lugo, 6 de marzo 2016. Rubén Arroxo aplaudiu que se inicie o proceso de redución da velocidade na ronda da Muralla por que “está na liña do proxecto de cidade que plantexa o BNG” e, en contestación ao voceiro do PP, lembrou que “esta proposta partiu de colectivos cidadáns e que o BNG-AA votou no pleno a favor da iniciativa igual que fixo o Partido Popular, aínda que o voceiro popular, na súa obsesión destructiva, igual non lembra o que votou”. Arroxo pediu que se aproveite a redución de velocidade a 30 km/h para buscar “outro modelo de circulación arredor da muralla mentres non se peonalice completamente”

 O BNG-AA proporá que se estudie a eliminación de semáforos na ronda da muralla para darlle máis fluidez ao tráfico despois da implantación do límite de velocidade a 30 km/hora. Rubén Arroxo sinalou que “non se trata unicamente de reducir a velocidade na ronda se non de buscar un novo modelo para dar fluidez ao tráfico a través do seu calmado”. A proposta do BNG-AA vai encamiñada a conseguir que se poida dar unha volta á ronda da muralla a unha velocidade moderada pero, case sen facer paradas.

 Arroxo dixo que “unha vez se proceda á redución do límite de velocidade haberá que estudiar en que cruces se poden eliminar os semáforos que reteñen o tráfico” dixo que “coa velocidade reducida a 30 km/h hai que implantar medidas de calmado do tráfico na zona de cruces como, por exemplo, o de Nícomedes Pastor Díaz ou o Camiño Real” e explicou que “utilizando, nas inmediacións dos cruces, pasos de peóns elevados na Ronda xa sería posible regular a incorporación de vehículos á ronda con sinais de STOP”. O voceiro nacionalista lembrou que “xa exiten cruces que funcionan perfectamente con este sistema como é o caso de Poeta Noriega Varela”.

Tamén se podería estudar a creación dalgunha rotonda disuasoria para clamar o tráfico e garantir a fluidez como as que funcionan na av. de Madrid. Rubén Arroxo tamén se referiu a que “na rúa Anxel López Pérez, que forma parte do circuito da ronda da Muralla, xa existe un paso de peóns, non regulado por semáforos, que calma o tráfico garantindo a fluidez”.

“Eliminando semáforos na ronda pódese incrementar a fluidez garantindo a seguridade”