A CONCENTRACIÓN SERÁ ÁS 19:00 HORAS NA PRAZA E MAIOR PARA PERCORRER A RÚA BISPO AGUIRRE E CHEGAR ATA O EDIFICIO DOS XULGADOS
O BNG apoiará a mobilización a celebrar mañá en Lugo baixo o lema UN MALTRATADOR NON É UN BO PAI
A edil Maite Ferreiro sinalou que “como non podía ser doutra maneira, estaremos nesta convocatoria da Movemento Feminista Galego para pedir amparo lexislativo para as mulleres e crianzas que quedan na indefensión”
Lugo, 8 de setembro 2017. A edil do BNG, Maite Ferreiro, anunciou o apoio da formación que representa á mobilización convocada polo Movemento Feminista Galego baixo o lema UN MALTRATADOR NON É UN BO PAI. Esta mobilización forma parte das convocatorias do Movemento Feminista Galega que levarán a distintas vilas e cidades do país a necesidade para pedir ampara lexislativo para as mulleres e crianzas que quedan na indefensión”.
UN MALTRATADOR NON É UN BO PAI
Maite Ferreiro aplaudiu esta iniciativa do Movemento Feminista Galego por que “creemos que a xustiza ten que poñer os medios para protexer a todas as mulleres vítimas de violencia de xénero e tamén ás súas crianzas e ás persoas que viven no seu entorno”. O BNG ven demandando a creación en todas as provincias de xulgados específicos de violencia de xénero para que as vítimas conten con atención especializada.
“Os maltratadores non collen vacacións” sinalou a edil nacionalista en referencia ás denuncias feitas polo BNG neste verán polo peche dalgúns xulgados que levan casos de violencia de xénero e que deixaron de atender os casos xurdidos neste período.
Xulgado específico de violencia de xénero para Lugo
O BNG segue a traballar para que Lugo conte cun Xulgado específico de violencia de xénero. Neste momento unicamente as cidades de Vigo e Coruña dispoñen de xulgado específico de violencia de xénero. A posta en marcha deste xulgado en Lugo podería dar cobertura a toda a provincia e compre unha dotación mínima de persoal que inclúe as figuras de xuíz, fiscal, forense, secretario e funcionariado adscrito.