ARROXO DIXO “COA COLOCACIÓN DE CATRO PUNTOS DE LUZ QUEDARÍA ILUMINADO UN PEQUENO TRAMO QUE É MOI UTILIZADO POR PERSOAS QUE VAN AO CENTRO COMERCIAL E ÁS INSTALACIÓN DEPORTIVAS ”

O BNG – Asembleas Abertas pide a colocación de 4 farolas para completar a iluminación da rúa Pousadela

IMG_1405
O BNG – Asembleas Abertas pide a colocación de 4 farolas para completar a iluminación da rúa Pousadela

Lugo, 23 de decembro de 2016. Rubén Arroxo presentaralle ao goberno municipal para que se coloquen catro puntos de luz na rúa Pousadela e así se complete a iluminación desta rúa do barrio da Cheda. Arroxo explicou que existe un pequeno tramo de aproximadamente 100 metros da rúa Pousadela que carece de iluminación. O tramo está situado entre a rúa río Masma e a rotonda próxima á estación de servizo que está nas inmediacións da N-VI e a Marqués de Ombreiro.

Rubén Arroxo sinalou que unha vez se fixo un lavado de cara nesta rúa, tal e como xa pediu o BNG e outras forzas políticas, non estaría de máis completar a iluminación desta zona do barrio da Cheda. Arroxo sinalou que “este pequeno tramo é moi transitado por persoas que van facer as súas compras ao centro comercial e familias que se achegan ás instalación deportivas do Palomar para facer deporte”.  Esta rúa tamén é moi utilizada por persoas que se achegan camiñando ao entorno do río de Miño e que regresan en horario nocturno cara a cidade.

O BNG – Asembleas Abertas pide a colocación de 4 farolas para completar a iluminación da rúa Pousadela