O BNG-Asembleas Abertas preguntará pola execución dos orzamentos participativos do pasado exercicio
O voceiro do BNG Asembleas Abertas alertou de que varios colectivos e asociacións amosaron as súas queixas pola falta de efectivización dos compromisos do goberno municipal
Está claro que o PSOE non cree neste modelo e o único que pretendía era a propaganda cuns orzamentos pseudoparticipativos que non concluiron asegurou Arroxo
Lugo, 4 de marzo de 2016. Rubén Arroxo anunciou hoxe que o grupo do BNG Asembleas Abertas preguntará pola execución dos orzamentos participativos do pasado exercicio orzamentario. Arroxo informou que foron varias as asociacións e colectivos que o ano pasado presentaron propostas que foron aprobadas dentro de aqueles anunciados LOOP ou orzamentos pseudoparticipativos pero que non viron concluídos os compromisos do goberno municipal nin satisfeitas as cantidades económicas que se lles adxudicaron no seu momento.
Para nós non son novos os incumprimentos de compromisos por parte do PSOE e agora vemos como eses incumprimentos se transladan tamén a quen presentou proxectos para os orzamentos participativos dixo Arroxo e engadiu queremos saber que porcentaxe daqueles 500.000 euros anunciados para os orzamentos participativos chegou a executarse, canto se comprometeu e cales foron os criterios para priorizar as actuacións.
Para o BNG Asembleas Abertas o peor desta situación non é o que non se executou, o peor é a situación dos colectivos e entidades ás que se lle promenteron fondos para realizar actuacións e agora, despois de ter feito o desembolso, non se lle fai o pago comprometido. Arroxo lembrou que nós non estivemos dacordo con este modelo de orzamentos participativos por que non é a vía máis axeitada e racional para cubrir as verdadeiras necesidades da veciñanza pero entendemos que o goberno municipal ten que cumprir cos compromisos adquiridos.