“É inaceptable que a alcaldesa antepoña os actos propagandísticos ao cumprimento da legalidade”

“É inaceptable que a alcaldesa antepoña os actos propagandísticos ao cumprimento da legalidade”

evislusaOs grupos municipais recibiron unha comunicación da empresa municipal EVISLUSA na que se informaba do incumprimento dos estatutos por motivos da axenda da alcaldesa

Rubén Arroxo sinalou que “entendemos que a alcaldesa necesite tempo para coñecer a cidade, os barrios e as parroquias pero as obrigas son as obrigas”

Lugo, 10 de marzo de 2016. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas, Rubén Arroxo informou da recepción dunha comunicación da empresa municipal EVISLUSA na que se informaba do aprazamento da xuntanza do consello de administración correspondente a este trimestre. Na propia comunicación reflexábase  que “no artigo 19 dos estatutos de EVISLUSA, recóllese que “o Consello celebrará sesión ordinaria, como mínimo, unha vez ó trimestre”.

Arroxo, amosou hoxe a súa perplexidade ante o feito de que a causa de aprazamento, desta xuntanza do consello de administración, era o feito de que a alcaldesa non atopase un oco na súa axenda para atender esta obriga. Rubén Arroxo sinalou que “entendemos que a alcaldesa necesite tempo para coñecer a cidade, os barrios e as parroquias pero as obrigas son as obrigas”.

Para o BNG – Asembleas Abertas “trátase dun claro exemplo de cales son as prioridades deste goberno municipal, do seu xeito de traballar e do seu compromiso con Lugo”. Rubén Arroxo dixo que “cando os lucenses nos trasladan que Lugo está paralizado é evidente que hai causas concretas e hoxe vimos unha destas causas nun comunicado oficial deste concello”. Dende EVISLUSA xestiónanse cuestións tan importantes como as axudas de alugueiro de vivenda e outros asuntos que afectan a moitas persoas como son as modificacións puntuais do PXOM e do PEPRI.

 

TEXTO ÍNTEGRO DA COMUNICACIÓN:

Bo día a todos, no artigo 19 dos estatutos de EVISLUSA, recóllese que “o Consello celebrará sesión ordinaria, como mínimo, unha vez ó trimestre”, polo que, para dar cumprimento ao dito artigo, habería de celebrarse a reunión ao longo do presente mes de marzo.

Solicitamos datas posibles en Alcaldía, pero por problemas de axenda, non vai ser posible celebrar a reunión ata o próximo mes de abril. Esperamos que isto non supoña un inconveniente para ningún de vós.

 

Rogámosvos que, por este mesmo medio e a maior brevidade, manifestedes a vosa conformidade ou non, para trasladar a reunión á segunda semana de abril (do 4 ao 9) e, e de ser o caso, se teriades problema algún deses días, todo isto co fin de que na medida do posible poder contar coa asistencia de todos os membros.

 

Agradecendo a vosa colaboración, quedamos á espera,

“É inaceptable que a alcaldesa antepoña os actos propagandísticos ao cumprimento da legalidade”