O BNG Asembleas Abertas rexistra un rogo para que se inicie a revisión do PEPRI
Para os nacionalistas é fundamental reformar este documento para garantir a protección, mantemento e recuperación da vida no centro da cidade
Non actualizar o PEPRI significa condenar o casco histórico a unha enfermidade terminal dixo Rubén Arroxo
Lugo, 3 de novembro 2015. O grupo municipal do BNG Asembleas Abertas rexistrou un rogo dirixido ao pleno da corporación para que se inicien os traballos e xestións necesarias para actualizar o PEPRI. Rubén Arroxo afirmou que Lugo ten que ser unha cidade aberta á innovación e ao futuro, se perder de vista a protección do noso patrimonio. Segundo Rubén Arroxo este documento foi redactado fai vinte anos e a día de hoxe precisa dunha actualización. Arroxo dixo que non actualizar o PEPRI significa condenar o casco histórico a unha enfermidade terminal.
O voceiro do BNG Asembleas Abertas explicou que con un PEPRI sen actualizar a cidade estase construíndo a cidade á base de modificacións puntuais que en moitos casos, como na confluencia da ronda da Muralla e a Rúa San Roque, perxudica gravemente o desenrolo sostible do urbanismo de Lugo. Arroxo sinalou que poder afrontar proxectos novos para a cidade esta limitado por un PEPRI que corresponde a outro momento.
Para o BNG Asembleas Abertas hai que abrir, de xeito efectivo, debates que fagan que Lugo avance e que no que se conte coa participación real da xente, dos colectivos e de quen fomos elixidos para representar a veciños e veciñas. Arroxo referiuse á necesidade de revisar o PEPRI por que parte de rehabilitación de edificios do casco histórico e do entorno da muralla está paralizada pola falta de actualización do documento.